17/2/2012
O persoal está afectado por un ERE temporal e a propietaria vén de presentar concurso de acredores
Os traballadores e traballadoras de Privilege, empresa que se dedica á fabricación de pranchas de cuarzo granulado, concentráronse na mañá deste venres ás portas da factoría para esixir carga de traballo á principal propietaria (a italiana Quarella), co obxectivo de garantir así a continuidade da actividade e os 73 postos de traballo.
25/6/2009
Un traballador de Mármoles Traseira faleceu nun sinistro, mentres que outro resultou gravemente ferido
A CIG de Lugo manifestou a súa indignación por
un novo accidente mortal acontecido no barrio lucense de As Gándaras o día 23
de xuño. De feito, a central estuda presentarse como acusación particular e
reclama ás administracións que aclare as causas do sinistro, así como a
aplicación rigorosa da normativa vixente, a fin de evitar que se repitan
sucesos “tan lamentábeis” como o acontecido o martes, e que supuxo o
falecemento dun traballador e que outro resultase ferido de gravidade.
3/2/2009
A CIG de Ourense reclama a intervención das administracións
A CIG de Ourense vén de presentar unha nova
denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social, pola falla de
medidas de seguridade e protección no que á manipulación de amianto se refire,
no ámbito do sector da construción.