Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Limpezas Ames
24/3/2010 O concello comprométese a rescindir a concesión do servizo o 5 de abril e contratar a outra empresa provisionalmente
As traballadoras de Limpezas Ames veñen de desconvocar a folga indefinida que iniciaron o pasado día 8 de febreiro, tras acordar o concello rescindir a concesión do servizo de limpeza con esta empresa e comprometerse a contratar a outra, provisionalmente, mentres non se proceda á adxudicación definitiva do servizo.
26/2/2010 Exixen o cobro dos seus salarios e que se rescinda a concesión á empresa
As traballadoras de Limpezas Ames, en folga desde o pasado día 9 de febreiro, concentráronse diante do concello de Ames e asistiron ao pleno para manifestar o seu malestar polo mantemento da concesión do servizo de limpeza a esta empresa e para exixir o cobro dos salarios que se lles adebedan.
15/2/2010 As traballadoras piden responsabilidades ao concello pola situación na que se atopan
As traballadoras de Limpezas Ames, en folga indefinida desde o pasado día 8 de febreiro, concentráronse este luns na Praza do concello, en Bertamiráns para demandar o cobro das nóminas adebedadas -levan dous meses sen cobrar- e para denunciar que nin sequera dispoñen de material de limpeza para poder facer o seu traballo.
4/2/2010 A empresa adebeda ás traballadoras dúas mensualidades e non teñen nin lixivia para realizar o seu traballo
A partir do próximo luns día 8 de febreiro comezará unha folga indefinida en Limpezas Ames, empresa concesionaria do servizo de limpeza de entre outros, o Colexio de Ventín, a Casa de Cultura do Milladoiro e de diversas oficinas do concello. Reclaman que a empresa lles pague as mensualidades que adebeda (os dous últimos meses) e mesmo que se lles proporcione material como lixivia, deterxentes... para poder realizar o traballo en condicións.
15/9/2009 O persoal da nova contrata adxudicataria do servizo iniciará unha campaña de denuncia pola redución de horas de traballo
Coincidindo coa segunda xornada de folga, as traballadoras de Limpezas Ames cobraron, por fin, as nóminas dos tres últimos meses, que a empresa aínda lles adebedaba. Así, a concentración que tiñan previsto desenvolver na mañá do martes 15 de setembro diante do Concello, quedou finalmente suspendida, á espera de que a empresaria continúe pagando os salarios nos vindeiros meses.
14/9/2009 O martes 15 de setembro desenvolverán unha protesta diante do Concello, a partir das 12:00 horas
As traballadoras de Limpezas Ames, concesionaria do servizo de limpeza de dependencias municipais e de centros educativos deste concello, comezaron na mañá do 14 de setembro a primeira xornada de folga indefinida para reclamar o pago das tres nóminas adebedadas pola empresa.
11/9/2009 O persoal leva tres meses sen cobrar os seus salarios
As traballadoras de Limpezas irán a folga a partir do vindeiro luns 14 de setembro para reclamar o abonamento das tres mensualidades que a empresa lles adebeda. A folga, que se manterá de xeito indefinido até que as traballadoras cobren os salarios, afectará a diversas oficinas municipais do Concello de Ames e ao Colexio de Ventín, onde a empresa realiza as labores de limpeza.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com