21/6/2012
Os traballadores instan á Xunta a que controle ás compañías porque “está en xogo a propia seguridade dos cativos/as”
A FGAMT-CIG de Ferrol vén de reclamar ás empresas de transporte de viaxeiros que eliminen as xornadas abusivas e sen ningún tipo de control que teñen que facer os condutores/as de autobús, tanto nos servizos discrecionais como de escolares.
13/6/2012
A central sindical anuncia que convocará folga na empresa e recorrerá á vía xudicial se o Grupo Vázquez consolida esta nova perda de servizos e empregos
O sector de Transportes da CIG e delegados da central no Grupo Vázquez compareceron este martes en rolda de prensa para avaliar as informacións que apuntan á venda fragmentada da compañía Metropolitana de Transportes (encargada do servizo de autobuses na zona A Coruña-Bergantiños-Costa da Morte) a un grupo de empresarios. Para a CIG esta operación forma parte dunha estratexia do Grupo Vázquez para desfacerse de liñas que non lle interesan e reducir o cadro de persoal.
14/3/2011
A empresa entregou carta de vacacións a todo o persoal, anunciou concurso de acredores e traspasou o servizo escolar que realizaba e varios autobuses á Autocares Vázquez
A CIG vén de presentar denuncia na Fiscalía da Audiencia Provincial da Coruña contra os propietarios da empresa de transportes Romar-Bus por un posíbel delito de alzamento de bens. A empresa, que se atopa nunha situación incerta, deixou de realizar o pasado 1 de marzo todos os contratos de transporte escolar que tiña coa Consellaría de Educación e con entidades privadas para o servizo dos colexios de Santa Comba e A Coruña.
28/5/2010
Transportan a escolares e obreiros nun vehículo particular
A CIG de Porriño vén de denunciar diante da consellaría de Educación e da Dirección Xeral de Mobilidade graves irregularidades no transporte escolar de escolares e traballadores por parte dun vehículo particular ao servizo das empresas do grupo Monbús. A CIG denuncia que nese vehículo particular, unha persoa que cobra unha pensión de xubilación ordinaria está a realizar servizos de transporte de persoas para as empresas deste grupo.
2/6/2009
Advirten á Xunta que se non toma medidas para solucionar a precaria situación das traballadoras iniciarán accións sindicais
A sección de
Transportes da CIG volveu denunciar a precaria situación laboral que padecen
as/os acompañantes do transporte escolar no noso País, ás que non se lles está
aplicando o convenio de transporte de viaxeiros. Dende a central tamén se
denuncia a “usura” das empresas que cobren estes servizos sociais, pois mentres
reciben unha subvención de arredor de 900 euros/mes por acompañante, o salario
medio das/os traballadoras/es non supera os 250 euros. A CIG-Transportes exixiu
á administración que tome cartas no asunto, advertindo que se a primeiros do
vindeiro curso non se ten solucionado esta situación non descartan iniciar
accións sindicais e presentar conflito colectivo.
13/11/2008
Educación paga as empresas de transporte 900 euros ao mes, pero os/as traballadores/as só perciben 171 euros
A CIG-Ensino vén de denunciar que os/as
acompañantes do transporte escolar perciben un 81 % menos do que lles
correspondería, segundo o que a Consellaría lles transfire ás empresas de
transporte para cubrir os gastos deste servizo. Detectáronse casos de compañías
que en lugar de contratar directamente a estes/as traballadores/as e
aplicarlles o Convenio de transporte de viaxeiros fano mediante empresas de
servizos e retribúenos, soamente, coa parte proporcional que lles corresponde
do salario mínimo interprofesional.
22/10/2008
O sindicato propón o rescate das concesións ás empresas piratas
Redución sistemática de servizos nas liñas regulares, nenos que viaxan nos buses escolares sen acompañante ou que chegan antes de tempo aos colexios sen que se faga cargo deles un adulto son exemplos das irregularidades que comenten as compañías Monbús e Grupo Vázquez na Costa da Morte.