Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Cervo
7/3/2011 O persoal afectado censura a falta de información e a exclusión da CIG das negociacións do plan de prexubilacións
O venres 4 de marzo realizouse diante da Galería de Sargadelos en Lugo unha concentración convocada polos oito despedidos/as na fábrica de Cerámica de Cervo. Coa concentración, que contou co apoio das delegadas da CIG no Comité de empresa, así como de membros das Executivas Local e Comarcal, quérese chamar a atención sobre a situación destes traballadores e traballadoras e reclamar da empresa “unha solución, que pasaría pola negociación e a readmisión”.
29/12/2010 A CIG reclamalle á Xunta que resolva o recurso de alzada contra a autorización do ERE de extinción
Traballadoras e traballadores da Fábrica de Cerámica de Sargadelos de Cervo, acompañados dunha representación da CIG de Lugo-A Mariña, desprazáronse este mércores a Lugo para rexistrar no edificio administrativo da Xunta de Galiza as máis de 5.000 sinaturas recollidas en demanda da readmisión dos oito compañeiros/as despedidos, tras a aprobación dun ERE no mes de setembro.
29/10/2010 Persoal da factoría desenvolveu unha concentración diante das portas do Concello de Cervo en demanda de solucións
A CIG presentou o xoves 28 de outubro, no portelo único do Concello de Cervo, o recurso de alzada contra a resolución da Delegación de Lugo da Consellería de Traballo pola que se aprobou o ERE de extinción de 26 empregos na fábrica de Sargadelos. Coincidindo co rexistro do recurso, desenvolveuse unha concentración diante das portas do Concello en demanda da readmisión das e dos traballadores despedidos e a prol do comezo dunha nova negociación coa dirección de cara a procurar solucións de futuro para a histórica cerámica.
22/10/2010 A central sindical desenvolveu unha concentración diante da fábrica de cerámicas e fixo entrega dun escrito dirixido á xunta de accionistas
A CIG realizou o xoves 21 de outubro, ás 18:00 horas, unha concentración diante da Fábrica de Cerámica de Sargadelos para, aproveitando que se estaba a celebrar unha xunta de accionistas da empresa, facerlles entrega dun escrito no que se demanda a readmisión das compañeiros e compañeiros despedidos e á volta á negociación, a fin de buscar unha solución de futuro para a empresa.
18/10/2010 A Delegación de Traballo autorizou un ERE que afectará a 26 traballadores/as
Arredor dunhas 500 persoas participaron na tarde deste luns na manifestación convocada polo Comité de empresa en contra dos despedimentos na fábrica de Sargadelos en Cervo. A marcha, saíu dende a fábrica de cerámica sobre as 18:00 horas e logo de percorrer as rúas de Cervo, pasando polo Concello, rematou novamente diante das instalacións da empresa.
13/10/2010 Aínda que o ERE presentado para a planta de Sada foi rexeitado, a Delegación de Traballo de Lugo autorizou os 26 despedimentos para a fábrica de A Mariña
Traballadores e traballadoras da fábrica de Sargadelos en Cervo continuaron esta tarde o calendario de mobilizacións contra a autorización do expediente de regulación de emprego presentado pola empresa, que xa se ten concretado na entrega da carta de despedimento a oito empregados/as. O ERE, que afectará a un  total de 26 traballadores/as, foi aprobado a pesar de que a Delegación de Traballo de A Coruña rexeitou a regulación para a fábrica do grupo en Sada.
25/8/2009 A CIG denuncia tamén o estado de abandono do recinto
A CIG denuncia publicamente a situación irregular que se está a producir desde o Real Padroado de Sargadelos, quen leva sen abonar as nóminas e as cotas á Seguridade Social do persoal que traballa no Museo Histórico de Sargadelos, desde o mes de marzo do presente ano. Tamén critican que se produciron igualmente anomalías á hora de concedérllelas vacacións; e a negativa a contratar persoal de sustitución para este período, provocando deste xeito o peche do museo na época de maior afluencia de visitantes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com