25/2/2011
A representación do persoal entende que con esta decisión a dirección busca pechar as instalacións do matadoiro, xa que coincide co inicio do ERE temporal de Fricosa
O Comité de FC-Alimentación (do grupo Conchado) denunciou a “ilegal e fraudulenta actuación” da dirección de empresa, que hoxe, venres 25 de febreiro, fixo entrega do listado de traballadores/as que integran o que a empresa entende que é o calendario de vacacións para 2011.
19/10/2009
A sentenza, unha das primeiras ditadas na Galiza, obriga á empresa a conceder unha nova quincena de días feriados
O Xulgado do Social número 1 de A Coruña vén de ditar sentenza pola que recoñece o dereito dunha traballadora do Instituto Médico Cirúrxico San Rafael a gozar dun novo período de vacacións, xa que unha parte dos días feriados que lle correspondían coincidiron cunha situación de baixa por incapacidade temporal.
11/9/2009
O Tribunal de Luxemburgo ditou unha sentenza que recoñece o dereito do traballador a que lle sexa marcado outro período de ferias
O Tribunal de Xustiza de la UE recoñeceu, na sentenza do 10 de setembro de 2009, que un traballador que estea de baixa por incapacidade temporal durante o período fixado no calendario de vacacións da empresa ten dereito a gozalas unha vez que sexa dado de alta.
25/8/2009
Existen sospeitas de que Correa Montajes y Suministros SL presuntamente abriu a mesma firma en Portugal
A CIG-Metal de Vigo denunciou, a través dun comunicado de prensa o martes 25 de agosto, o despido dos máis de 20 traballadores da empresa Correa Montajes e Suministros SL no periodo vacacional. O empresario enviou ás cartas de despido por correo, vendeu a maquinaria e aproveitou o mes de vacacións para pechar a empresa. Existe a sospeita entre o persoal de que o empresario poda ter aberto a mesma firma, auxiliar da automoción, no norte de Portugal. Ademais a dirección da empresa xa adiantou que non pagara as indemnizacións polos despedimentos "por non ter cartos para facer fronte ás mesmas".