30/11/2010
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de A Coruña denuncian un novo caso de incumprimento da normativa de prevención e saúde laboral
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Correos en A Coruña veñen de denunciar publicamente o incumprimento da normativa en materia de prevención de riscos e saúde laboral por parte da empresa postal. Así, explican, un traballador tivo que ser trasladado en ambulancia e ingresado de urxencia nun centro hospitalario, ao reproducírselle unha importante lesión despois de ser obrigado por Correos a reincorporarse no seu posto de traballo. Esta incorporación , explica a representación do persoal, produciuse porque a empresa denegou a licencia por incapacidade temporal a este traballador, a pesar dos informes en contra dos especialistas e de estar en posesión da baixa laboral do seu médico de cabeceira.
11/9/2009
O Tribunal de Luxemburgo ditou unha sentenza que recoñece o dereito do traballador a que lle sexa marcado outro período de ferias
O Tribunal de Xustiza de la UE recoñeceu, na sentenza do 10 de setembro de 2009, que un traballador que estea de baixa por incapacidade temporal durante o período fixado no calendario de vacacións da empresa ten dereito a gozalas unha vez que sexa dado de alta.