Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
Convenio Comercio Alimentación
4/12/2009 A CIG rexeita o texto xa que as condicións estabelecidas son moi inferiores ás da plataforma sindical e mesmo ás acadadas en Pontevedra
Na madrugada do xoves ao venres, logo dunha prolongada negociación e co precedente de Pontevedra, acadábase un preacordo para o convenio do comercio da alimentación na provincia de A Coruña entre a patronal, UGT e CCOO, que a CIG non asinou por tratarse dun convenio moi inferior ao de Pontevedra e que afonda nas desigualdades que existen entre os traballadores/as das dúas provincias.
3/12/2009 Na madrugada do mércores, e coa mediación do AGA
Co AGA mediando, na madrugada do día 3 de decembro, nunha reunión maratoniana (de 4 da tarde a duas da mañá), como era de esperar, CCOO, UGT e Fetico, (USO mantívose desaparecida na mesa) asinaron o preacordo para "desbloquear" o conflito de comercio alimentacíon. A CIG expuxo en todo o momento a súa negativa a este preacordo, por varias cuestions, entre elas a vixencia e o incremento, mais serán as asembleas de traballadoras e traballadores do venres á noite ás que decidan.
24/11/2009 Desenvolvéronse concentracións en Ferrol, A Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía
A folga convocada para o vindeiro venres no comercio de alimentación das provincias de A Coruña e Pontevedra continúa quentando os motores. Na xornada deste martes delegados/as sindicais e traballadores/as seguiron coas mobilizacións, desta volta nos supermercados de Froiz e Gadis e nos almacéns de Lidl en Narón.
23/11/2009 Primeira xornada de mobilizacións dos traballadores e traballadoras deste sector, cara á folga do 27 de novembro
O luns 23 de novembro foi a primeira das xornadas de loita das traballadoras e traballadores do convenio do Comercio Alimentación nas provincias da Coruña e Pontevedra, con cocentracións na Coruña, en dous pontos de Ferrol, e cunha concentración provincial no concello de Poio, en Pontevedra. Deste xeito, comezaba a visibilizarse as demandas salariais e sociais deste sector, que o martes 24 teñen convocada máis concentracións diante de establecementos afectados pola negociación deste convenio, e que o 27 de novembro, o vindeiro venres, teñen convocada unha xornada de folga nestas dúas provincias, na súa loita por un convenio xusto.
9/11/2009 Haberá asembleas para fixar novas medidas de presión o 16 e 17 de novembro
A última xuntanza da negociación do convenio do Comercio de Alimentación da Coruña, o 6 de novembro, supuxo a ruptura definitiva entre a parte social e a patronal, do mesmo xeito que aconteceu en Pontevedra semanas atrás. Agora, o persoal de ámbalas dúas provincias está convocado a asembleas o 17 e 18 de novembro, nas que posibelmente se acorde a convocatoria de folga no sector.
11/9/2009 Avaliarán a paralise da negociación do convenio e estudarán accións e mobilizacións
As centrais sindicais convocan unha asemblea conxunta de traballadores/as do Comercio Alimentación para o xoves 17 de setembro ás 22 da noite no Salón de Actos Salesianos en Vigo. Nesta asemblea explicarán en que momento se encontra a negociación deste convenio colectivo provincial de Pontevedra que afecta a máis de 15.000 traballadores/as de perto de 1.000 empresas. Estudarase que tipo de mobilizacións levar adiante para superar a situación de paralise na que se encontra a negociación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com