Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
persecución
16/5/2013 A empresa comunicou ao afectado que xa non tiña traballo para el once días despois de que presentara papeleta de conciliación
Os xulgados da Coruña acolleron o mércores o xuízo contra a multinacional ThyssenKrupp Elevadores por despedir a un traballador ao que tiña como falso autónomo, logo de este que denunciara á compañía para se recoñecera a súa relación laboral como asalariado.
22/6/2012 A Unión Comarcal denuncia que a empregada sufre persecución laboral por ter esixir os seus dereitos
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol amosou o seu total rexeitamento ao despedimento dunha traballadora da Asociación Radio-Taxi, que exercía de telefonista dende hai 14 anos. Dende a central sindical denúnciase a actitude tamén a “actitude prepotente e caciquil da directiva da asociación”.
2/11/2011 A empresa trasladou ao empregado do centro no que levaba máis de 10 anos, logo de coñecer que ía nas listas da central sindical
Delegados e delegadas da CIG realizaron unha concentración na mañá deste mércores ás portas dos Xulgados de Ferrol en rexeitamento ao acoso laboral que a empresa Prosegur está a realizar a un traballador, afiliado á central sindical. O acto de protesta tivo lugar coincidindo coa celebración do xuízo contra a empresa, que finalmente foi adiado, xa que o avogado da mesma “esqueceu as probas”.
17/9/2010 A central traslada o seu apoio incondicional ás equipas e ao seu traballo a prol da nosa lingua
A CIG-Ensino declara que os Equipos de Normalización están a desenvolver o seu traballo con absoluta responsabilidade, na procura do obxectivo que lles corresponde: a difusión e promoción da nosa lingua. A CIG rexeita, por tanto, as difamacións vertidas por un grupo de persoas que non representa a ninguén, pero que agora pretenden actuar como a “Inquisición” perseguindo as opinións e as actuacións dos coordinadores e coordinadoras dos Equipos de Normalización e mesmo do alumnado de diferentes centros e de toda persoa ou organización comprometida coa normalización lingüística.
26/5/2010 A empresa, situada en Cambre, leva dous anos atacando o empregado de xeito continuado, impóndolle amoestacións e sancións inxustas e modificando as súas condicións de traballo
Delegados e delegadas da CIG participaron esta mañá nunha concentración diante dos xulgados de A Coruña para denunciar a situación de persecución e acoso laboral que está a padecer un traballador da empresa Envoltorios Stock, dedicada ao comercio do papel e Artes Gráficas. A protesta coincide coa celebración do xuízo polas vacacións do traballador, que a empresa, situada no Polígono Espírito Santo en Cambre, impuxo de xeito unilateral e incumprindo a lexislación.
9/2/2010 O acoso por parte do empresario chegou até tal punto que tres operarios tiveron que coller unha baixa psiquiátrica
A sección de Transportes da FGAMT-CIG denunciaba na mañá deste martes un novo caso de persecución contra traballadores afiliados á esta central. Nesta ocasión trátase da empresa Ambulancias do Eume (Pontedeume), na que tres operarios se atopan de baixa psiquiátrica debido ao acoso ao que se vén sometidos por parte do empresario, contra o que a CIG presentará unha querela criminal por coaccións, lesións e atentado contra os dereitos dos traballadores. De igual xeito, vaise realizar unha demanda de tutela de liberdade sindical por ameazas, xa que o empresario coaccionou aos traballadores co obxecto de revogar ao único delegado de persoal (afiliado á CIG).
3/2/2010 O sindicato tampouco descarta presentar unha querela criminal por coaccións contra a Directora de Recursos Humanos
A CIG denunciou publicamente a situación que están a padecer os traballadores e traballadoras de Arriva Noroeste, especialmente no caso dos delegados e o persoal afiliado/a á central nacionalista, aos que a empresa de transportes somete a unha persecución constante. Diante desta situación a CIG xa ten presentado denuncias na Inspección de Traballo (quen xa actuou no centro de Ferrol) e nos vindeiros días vai presentar demanda de tutela de liberdade sindical diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, aínda que tampouco se descarta levar adiante unha querela criminal contra a responsábel de Recursos Humanos por coaccións e vulneración dos dereitos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com