Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo futuro de Palestina
26/08/2014Txente Rekondo
Baixo a estratexia de ocupación, permanente violencia e ciclos de treguas e novas agresións, Israel pretende acabar con calquera intento de unidad...
Ofensiva global NATO
26/08/2014Manlio Dinucci
Não há férias, mas sim um super trabalho de verão na Otan. Prepara-se a Cimeira de chefes de Estado e de Governo que, a 4 e 5 de setembro, e...
Escocia: razóns socialistas para a independencia
25/08/2014Tommy Sheridan
A independencia non é un destino. A independencia é o comezo dunha nova viaxe para transformar Escocia dun país corroído pola pobreza, baixas re...
Ébola, o novo negocio das farmacéuticas
22/08/2014Marcos Roitman Rosenmann
Son miles os africanos mortos nas augas que bañan as costas de España e Italia ou ven como son reprimidos cando tratan de saltar os muros con aram...
A necesidade do salario máximo
22/08/2014Vicenç Navarro
O gran crecemento das desigualdades débese ao enorme crecemento da concentración da riqueza e das rendas nunha minoría da sociedade que deriva o...
De Ferguson ao Iraque
22/08/2014Ângelo Alves
Ucrânia na curva da História
22/08/2014Hugo Janeiro
Acusemos Israel
21/08/2014Boaventura de Sousa Santos
Syser
23/10/2009 Non obstante mantén os paros para os días 30 de outubro e 6 de novembro
O persoal de Syser, empresa que ten a concesión dos servizos de vixilancia e seguridade no centro comercial de Narón, decidiu adiar a folga que tiña convocada dende ás sete da mañá do 24 de outubro até a mesma hora do día 26, logo de que a xerencia do centro se amosase disposta a negociar coa dirección da empresa.
25/9/2009 A CIG-Servizos de Ferrol reclamou á Xerencia do establecemento para que resolva a situación con Syser
Os traballadores e as traballadoras de Compañía Canaria Syser, S.L., empresa que ten a contrata da seguridade privada no centro comercial de Narón, desconvocaron a folga que tiñan previsto iniciar este venres, 25 de setembro, logo de que lles fosen abonados os atrasos salariais pendentes.
22/9/2009 Levaron a cabo unha concentración na tarde do luns para reclamar o pagamento das nóminas atrasadas
Os traballadores/as de Syser no centro comercial de Narón, encargados da vixilancia do recinto, continúan coas mobilizacións para reclamar o pagamento das dúas mensualidades atrasadas (paga extraordinaria de xullo e a nómina de agosto). Desta volta levaron a cabo unha concentración no centro comercial na tarde do luns, 21 de setembro, coincidindo cunha reunión entre a xerencia e os comerciantes na que se abordou a cuestión da seguridade
18/9/2009 A empresa encargada do servizo, Syser, ten pendente de abonar a paga extraordinaria de xullo e a mensualidade de agosto
Os traballadores e traballadoras de Syser, empresa que se encarga da seguridade do Centro Comercial de Narón, irán á folga os vindeiros días 25 de setembro, 2 e 9 de outubro, en paros de 48 horas continuadas, para exixir o pagamento das nóminas atrasadas. A día de hoxe, a empresa, con sede nas Illas Canarias, ten pendentes de abonar aos vixilantes a paga extraordinaria de xullo e a mensualidade de agosto. Dende a CIG tamén se reclama á Xerencia do centro que "tome en serio esta problemática" xa que, de demorarse no tempo, afectará aos usuarios/as e comerciantes do recinto.
14/9/2009 Levan un mes sen cobrar, ademais de que se lles debe a paga extra
Os cinco traballadores da seguridade privada do Froiz do centro comercial de Narón levan un mes sen cobrar, ademais de que a empresa lles debe a paga extra. Por este motivo, a CIG-Servizos de Ferrol mobilizouse xa en dúas ocasións, a última o venres 11 de setembro, contra o impago de salarios por parte da empresa adxudicataria deste servizo, Syser, diante do seu centro habitual de traballo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com