25/11/2011
O acordo estabelece a equiparación da xornada destas/es traballadoras/es coa do Grupo E do Sergas
Logo dun longo proceso de negociación, iniciado en marzo de 2010, e que incluso levou consigo mobilizacións por parte das traballadoras e traballadores de limpeza do Hospital da Costa, na tarde do xoves 24 de novembro asinábase o novo Convenio coa empresa Samyl, S.L., concesionario do servizo, no que se recoñece a equiparación da xornada laboral destes traballadores/as co persoal do Grupo E do Sergas.
3/10/2011
As protestas continuarán até que Samyl se comprometa en firme a aplicar a equiparación da xornada co persoal so Grupo E do Sergas
Este luns 3 de outubro as traballadoras e os traballadores de limpeza do Hospital da Costa de Burela iniciaban o calendario de mobilizacións diarias que van desenvolver en demanda dun novo convenio que recolla a equiparación da xornada laboral coa do Grupo E do Sergas, tal e como xa acontece co resto do persoal de limpeza dos hospitais de Galiza.
29/9/2011
A empresa négase a recoñecer os acordos acadados e pretende modificar artigos do convenio que non foron negociados
As traballadoras/es de limpeza do Hospital da Costa de Burela acordaron retomar as mobilizacións iniciadas hai xa un ano en demanda da negociación dun novo convenio. O persoal realizará concentracións diarias na entrada do hospital a partir do 3 de outubro en contra da decisión de Samyl de non respectar os acordos acadados e negar a equiparación total deste persoal co Grupo E do Sergas.
12/7/2011
A central nacionalista obtivo seis dos nove delegados/as do comité
A Confederación Intersindical Galega
(CIG) obtivo a vitoria nas eleccións sindicais celebradas
recentemente na empresa Samyl, dedicada á limpeza dos edificios
públicos e colexios de Narón, San Sadurniño e na central térmica
das Pontes.
24/2/2011
O persoal demanda a equiparación da xornada co Grupo E do Sergas
As traballadoras e traballadores do servizo de limpeza no Hospital da Costa concentráronse hoxe por espazo de media hora no vestíbulo do hospital para para reclamar de SAMYL.SL, empresa adxudicataria do servizo neste centro, a sinatura dun novo convenio que recolla a equiparación de xornada co Grupo E do Sergas.
25/10/2010
Reclaman a equiparación da súa xornada á do Grupo E do Sergas
As traballadoras e traballadores de limpeza no Hospital da Costa de Burela veñen de anunciar o inmediato comezo de mobilizacións, ante a falta de acordo con SAMYL.SL, empresa adxudicataria do servizo neste centro, na negociación dun novo Convenio Colectivo. Dende a CIG-Servizos de A Mariña subliñan que o desencontro non é económico, senón social, xa que o persoal reclama a equiparación da súa xornada á do grupo E do Sergas, como xa ocorre no resto dos centros hospitalarios do país.
13/1/2010
Lembran que aínda non se lle ten aplicado a carreira profesional, continúan sen cobrar os días festivos e a contratación en fraude de lei non se eliminou
Os traballadores e as traballadoras dos servizos de limpeza dos Hospitais Abente y Lago, Marítimo de Oza, Lavandería de A Grela e Centro de Especialidades de O Ventorrillo continuaron este mércores coas mobilizacións para esixir a aplicación dos convenios colectivos, algún deles asinado hai case catro anos, que os equiparan ao persoal adscrito ao Grupo E do Sergas, pero que as empresas adxudicatarias da contrata continúan sen respectar.