16/3/2012
Advirten que van denunciar a convocatoria das prazas e que continuarán adiante co calendario de mobilizacións
Os ex traballadores e ex traballadoras da Torre de Hércules compareceron en rolda de prensa este venres ao pé do faro romano para valorar as últimas actuacións do Concello da Coruña a respecto do monumento. Os ex empregados/as consideran que o proceso de contratación temporal de novo persoal que o Consorcio de Turismo vén de convocar “é ilegal”, polo que van proceder á súa denuncia, e advirten que continuarán adiante co calendario de mobilizacións.
13/3/2012
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de presentar unha pregunta sobre o peche do faro e as consecuencias laborais desta decisión
O conflito que se está a vivir na Torre de Hércules acaba de chegar ao Parlamento Europeo, a través da presentación dunha pregunta parlamentar por parte do eurodeputada do BNG, Ana Miranda. No escrito a representante política pregunta á Comisión o seu parecer sobre o peche do faro Patrimonio da Humanidade así como polas consecuencias laborais que ten para os seus 13 empregados/as.
28/2/2012
O persoal asegura sentirse “enganado e defraudado” e advirte que levará a cabo “mobilizacións permanentes”
Os ex traballadores e ex traballadoras da Torre de Hércules, pechada dende o pasado 15 de xaneiro, entregaron esta mañá no rexistro do Concello da Coruña unhas 8.600 sinaturas recollidas entre os veciños e veciñas da cidade nas últimas semanas. Apoiados nestas sinaturas, os empregados/as trasladaron ao goberno local tres reivindicacións: unha reunión urxente co alcalde, Carlos Negreira; a apertura inmediata do faro romano; e o mantemento dos seus empregos a través do recoñecemento do seu dereito á subrogación.
26/1/2012
O persoal perfilou con candeas a silueta do monumento Patrimonio da Humanidade no chan da Praza de María Pita
Os traballadores e traballadoras da Torre de Hércules continúan adiante coas mobilizacións en defensa dos seus empregos. Nesta ocasión, o persoal realizou un acto simbólico que consistiu en perfilar con candeas a silueta do faro romano en plena Praza de María Pita e acender un refacho de luz para ensinar ao goberno local o camiño que leva á solución do conflito.
16/1/2012
Coincidindo co peche do faro, os dous sindicalistas abandonaron o seu encerro, iniciado o pasado mércores, e a folga de fame
Centos de veciños e veciñas da Coruña participaron o domingo na concentración convocada ao pé da Torre de Hércules en apoio aos traballadores/as e contra a decisión do Concello de pechar o faro temporalmente, deixando na rúa ao persoal que até agora prestaba os servizos na Torre. Coincidindo coa acción de protesta, Adolfo Naya e Alejandro Expósito abandonaron o encerro que iniciaron o pasado mércores e a folga de fame que mantiveron durante tres días en repulsa a medida do Goberno municipal.
13/1/2012
Os traballadores e traballadoras fan un chamamento á cidadanía a participar na concentración do domingo contra as “falsidades” do Concello
Os sindicalistas da CIG e UGT que o mércores ás 10 da mañá iniciaron un peche no alto da Torre de Hércules acordaron continuar adiante coa medida de presión “aínda con máis forza”, logo de coñeceren que as obras previstas son de entidade menor e poderían realizarse co faro aberto ao público.
9/1/2012
A protesta, que se desenvolverá ás 17:00 horas, coincide co primeiro día de peche do faro ao público
Os traballadores e traballadoras da Torre de Hércules teñen convocada unha concentración para o vindeiro domingo 15 de xaneiro, ás 17:00 horas, en contra do peche do faro e o despedimento dos 13 empregados/as que se encargan das tarefas de mantemento, limpeza e atención aos visitantes.