Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
CHUVI
19/10/2011 Foi obrigada a volver ao seu posto ao día seguinte de comunicarlle que revogaban a comisión de servizo
Responsábeis da Agrupación Médica da CIG-Saúde denunciaron hoxe en rolda de prensa que a Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) vén de tomar represalias contra o servizo de Hematoloxía cesando a unha Hematóloga que reclamaba unhas condicións laborais dignas e unha atención á cidadanía de calidade. A traballadora, que se atopaba en comisión de servizo no Hospital Xeral pola súa experiencia en transplantes, foi obrigada a volver ao seu posto no hospital do Barbanza en resposta á súa actitude combativa.
23/4/2010 Membros da Comisión de Centro do CHUVI mantiveron unha peche na dirección provincial do Sergas
Unhas 2.000 persoas percorreron as rúas de Vigo na tarde do xoves dende o Hospital Xeral de Vigo até a Dirección Provincial do Sergas para protestar, unha vez máis, contra as intencións do goberno do PP de privatizar a sanidade pública. Dende a CIG-Saúde denuncian os planos para a creación do novo hospital de Vigo, cuxo financiamento e construción a Xunta pretende que sexa privado, “eliminando así moitos postos de traballo públicos e pechándolle as portas a centos de traballadores/as que están nas listaxes de contratación”.
4/3/2010 Perto de 3.000 persoas participaron nesta mobilización
Celebrouse o mércores 3 de marzo a cadea humana ao redor do hospital Xeral de Vigo cun éxito de participación e compromiso, tendo en conta cos poucos días que houbo para organizar este acto, (sendo a alternativa á suspensión do paro previsto para ese día pola desautorización por parte do SERGAS) empezouse a organizar o luns para realizalo o mércores.
25/2/2010 O 25 de marzo xa está prevista unha nova manifestación, na que se fará un especial chamamento á cidadania
Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo.
24/2/2010 Boa resposta das traballadoras e traballadores
Segundo os datos recadados por CIG-Saúde a incidencia da folga no CHUVI supera o 75% de participación. Asi, a federación de saúde da central sindical nacionalista considera que estes datos "dan boa mostra da boa resposta das traballadoras e traballadores á convocatoria de paro. Non cabe resaltar incidentes durante o que vai de xornada salvo os normais nestes casos en canto ao cumprimento do traballo ordinario por parte dos servizos mínimos". Ademais realizan un chamamento a participar na manifestación que hoxe 24 de febreiro está convocada en defensa da sanidade pública e contra a privatización que sairá do Hospital Xeral e que rematará fronte á Xunta.
2/2/2010 Centos de persoas amosan o seu rexeitamento ao modelo que a Xunta pretende implantar
Preto de 2.000 persoas participaron este martes 2 de febreiro na concentración-manifestación celebrada diante do Hospital Xeral de Vigo. Para a CIG-Saúde a gran participación neste mobilización demostra a sensibilización que o persoal ten en contra da privatización de servizos na sanidade publica que pretende levar a cabo a Xunta.
21/9/2009 CIG-Saúde de Vigo critica a medida e lembra que existe unha longa lista de espera nesta especialidade
Coa desculpa de non ter pacientes, o CHUVI (Complexo Universitario Hospitalario de Vigo) está a pechar as camas da Planta catro, ala 2, do Hospital Meixoeiro, na que existen unhas 16-18 camas, correspondentes ao servizo de Traumatoloxía. Ao mesmo tempo, denuncian dende a CIG-Saúde de Vigo, dáse a circunstancia de que existen longas listas de espera para algunhas intervencións cirúrxicas desa especialidade, como as próteses de cadeira.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com