14/6/2011
CIG-Saúde censura a “enxeñería de xestión” da dirección para conseguir que a redución da calidade asistencial non afecte ás listas de espera
A pesares do recente traslado ao novo hospital Lucus Augusti, a área sanitaria de Lugo tamén vai sufrir este ano o peche de camas durante os meses do verán. A CIG-Saúde de Lugo remarcou a estudada “enxeñería de xestión” practicada pola dirección do centro para aparentar que esta decisión non terá efectos na calidade asistencial.
13/6/2011
A decisión afectará a unha unidade de medicina interna e a outra de pediatría
A CIG-Saúde de Ferrol acaba de denunciar publicamente o peche de camas nos hospitais da área sanitaria previsto para os meses de verán. Alén da unidade de medicina interna do Hospital Naval, explican, este ano a decisión do Sergas afectará tamén ao servizo de pediatría do Hospital Arquitecto Marcide, onde previsibelmente permanecerán pechadas as camas da terceira planta até setembro.
26/5/2011
CIG-Saúde denuncia que a política sanitaria de Feijóo provocará un incremento das listas de espera e un incremento do gasto sanitario, ao derivar doentes á privada
CIG-Saúde vén de denunciar o peche de 200
camas durante o verán no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
(CHUS). Unha medida, que segundo afirman provocará o incremento das listas de
espera; o traslado de doentes a outras áreas sanitarias ou que se deriven a clínicas
privadas, incrementando así o gasto sanitario.
18/5/2011
O servizo de saúde nega que vaia pechar servizos pero comunicou a todo o persoal de quirófanos que esta actividade estaría parada o mes de agosto
A CIG-Saúde quere demandar ao Sergas que aclare cales son as súas intencións a respecto da actividade asistencial para este verán no Hospital Abente y Lago, pois as comunicacións trasladadas aos/ás profesionais de quirófano contradín a versión achegada aos medios de comunicación social.
16/5/2011
A CIG-Saúde da Coruña advirte que nunca se reducira dun xeito tan grave a actividade asistencial na historia deste centro
A CIG-Saúde da Coruña vén de denunciar as pretensións do Sergas de pechar a actividade asistencial médica e cirúrxica no Hospital Abente y Lago para este verán. O Sergas, censuran, “actúa neglixentemente ao recortar e reducir os servizos deste xeito”, pois provocará un incremento notábel das listas de espera. Ademais, subliñan, nunca antes se reducira con tanta intensidade a actividade deste hospital como ten programado este goberno para o próximo verán.
12/1/2011
Esixen a apertura inmediata das instalacións do Hospital Abente y Lago e a execución das obras previstas para manter a capacidade e calidade asistencial
A CIG-Saúde de A Coruña denunciou, unha vez máis, a situación de caos que padece o servizo de Urxencias do CHUAC, que, dende o día 1 de xaneiro ata hoxe, rexistra un promedio de atención de doentes de 360 persoas diarias (150 persoas na quenda de mañá, 155 en quenda de tarde e 55 en quenda de noite).
16/7/2010
O peche de camas e a falta de profesionais en numerosos servizos están a provocar unha importante diminución da calidade asistencial
A Comisión de Centro de Especializada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) amosou o seu rexeitamento e a súa fonda preocupación polos importantes recortes orzamentarios que está a sufrir o Complexo Hospitalario, que traerán como consecuencia unha importante diminución na capacidade e na calidade asistencial achegada aos usuarios/as.