12/2/2010
A CIG lembra que cumprir a xornada nas entidades financeiras suporía crear 1.250 empregos
O día 11 de febreiro a CIG volveu saír á rúa, en Vigo e Lugo, para denunciar os acordos de “flexibilidade horaria” que están impoñendo os grandes bancos coa complicidade de CCOO e UGT. Acordos que rematan coa xornada regulada, dando paso ao traballo por obxectivos. Estes acordos consagran a impunidade para realizar milleiros de horas extras, que impiden a conciliación da vida laboral e persoal dos traballadores e traballadoras.
29/1/2010
As mobilizacións estenderanse a outras cidades galegas
Delegados e delegadas da CIG-Banca desenvolveron na mañá do xoves 28 de xaneiro dúas concentracións simultáneas diante das oficinas principais do BBVA nas cidades de Ourense e A Coruña para denunciar a desregulación dos horarios de traballo que a entidade pretende levar adiante. A falta de regulación da xornada é un problema que está afectando á maior parte do sector da banca, que a cambio de pechar as oficinas os sábados pola mañá pretende estabelecer un flexibilidade horaria absoluta. Por esta razón, a protesta celebrada en ambas cidades tamén se trasladou até as portas das oficinas doutras entidades bancarias.
23/12/2009
A medida, que se aplicaría de todos modos porque non é rendíbel para a banca, pretende presentarse como unha concesión para o persoal
Cos cambios que se están a introducir no mercado financeiro único no seo da Unión Europea, cando xa non abren as súas oficinas na metade do sistema financeiro estatal nin a Bolsa, ao igual que ocorre coa conxunto da banca europea ou coas caixas, queren pechar as oficinas os sábados porque manter a súa apertura presenta grandes limitacións operativas e, ademais, non será rendíbel. A CIG denuncia que patronal, CCOO e UGT pretenden presentalo como unha conquista e acceden, a cambio, a custosas contrapartidas, nomeadamente flexibilidade e/ou cambiando sábados pola apertura dos xoves polo serán.