Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
CIG-Salnés
23/11/2012 Presentarán unha querela contra Juan Guerra se o próximo día 20 se subastan as fábricas de Ribadumia, Vilaxoán e a marca Miau
As traballadoras de Alfageme concentrábanse este xoves diante da consellaría de Industria en demanda de ser recibidas polo conselleiro, Juan Guerra, logo de non obter resposta algunha ao escrito remitido ao titular da consellaría. Para o persoal de Alfageme esta xuntanza é urxente, porque o próximo día 20 celebrarase a subasta das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia, ademais da marca Miau, que se levará por diante o plan industrial e os postos de traballo. O Comité de Empresa xa anunciou a súa intención de presentar unha demanda por prevaricación despois da subasta. Malia iso, a consellaría mantén absoluto silencio.
6/9/2012 A compañía tampouco fixo fronte ós preto de 400.000 euros en indemnizacións por despidos
O grupo de empresas Maderas del Atlántico vén de pechar as súas portas tras anos de actividade no polígono industrial de Veigas de Almorzar, na localidade pontevedresa de Caldas de Reis, deixando na rúa a 32 traballadores/as, ademais dunha débeda millonaria cos provedores. A CIG denuncia que que a compañía ten sen pagar varios salarios e tampouco abonou os preto de 400.000 euros pendentes en indemnizacións por despidos.
29/8/2012 A CIG denuncia que se merma a calidade do servizo reducindo traballadores/as e deteriorando as súas condicións laborais
Na súa obsesión por reducir os gastos das administracións, o PP está a rebaixar a calidade dos servizos públicos e as condicións laborais do persoal. Así o vén de denunciar a CIG do Salnés no caso do Centro de Día de Sanxenxo. Un centro municipal para o que acaba de saír a concurso a concesión da súa xestión, na que se contempla unha redución nos gastos de persoal de 53.000 euros anuais. O prego de condicións estabelece tamén unha rebaixa do prezo da praza para os usuarios, que a CIG considera moi positiva, pero que entende que debe facerse a custo de reducir os beneficios empresariais ou de incrementar a aportación do concello e, en ningún caso, supor un deterioro da calidade asistencial, do número de traballadoras/es ou dos seus salarios.
28/6/2011 As empregadas, que levan entre seis e dez meses sen cobrar, tamén foron suspendidas de emprego e soldo até que se resolva a demanda de rescisión de contrato
A residencia de maiores Santo Anxo do Grove comezou hoxe a notificar por carta o despedimento de nove das dez traballadoras de atención directa, curiosamente as mesmas que solicitaran xudicialmente a rescisión de contrato xa que levan entre seis e dez meses sen cobrar. A dirección do centro decidiu tamén suspendelas de emprego e soldo alegando que están a impedir o seu normal funcionamento.
17/6/2011 As traballadoras levan máis de oito meses sen cobrar e a maioría delas solicitaron xa a rescisión de contrato
Unha inspección oficial á que tivo acceso a Confederación Intersindical Galega constata as deficiencias existentes na residencia de maiores Santo Anxo do Grove que a central nacionalista vén denunciando dende hai tempo. A Unión Local do Salnés remitiu unha relación das anomalías detectadas á propia conselleira de Traballo e Benestar e ao Valedor do Pobo para que tomen cartas no asunto tendo en conta que o centro privado recibe cartos públicos en virtude dun convenio subscrito co departamento autonómico. A CIG tamén está a abordar a problemática derivada da situación laboral das 17 traballadoras da residencia, que levan máis de oito meses sen cobrar, o que motivou que 13 delas solicitaran xa a rescisión de contrato.
8/4/2011 Algunhas levan oito meses sen cobrar e outras sete
As traballadoras da residencia da terceira idade Santo Anxo de O Grove concentrábanse a pasada fin de semana á entrada do centro, coincidindo co cambio de quenda, para demandar do propietario o pagamento dos salarios que se lles adebedan. Algunhas levan 8 meses sen cobrar, outras 7, e temen que se o empresario non foi quen de abonar as mensualidades agora que xa se achegan aos 100.000 €, máis difícil será se seguen pasando os meses.
3/3/2010 Novo acto de protesta contra as reformas laborais do goberno do Estado, cara unha grande mobilización comarcal en Pontevedra o 10 de marzo
Ás dez e media da mañá daba comezo a asemblea de delegadas e delegados da comarca de Pontevedra da CIG, que nesta ocasión tivo lugar no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa. Analizouse neste encontro as pretensións do goberno estatal de reducir os dereitos da clase traballadora e que sexan as traballadoras e traballadores quen continúen a pagar a crise coa reforma laboral, o aumento da idade da xubilación ou o recorte das pensións. Ás doce saiu deste auditorio unha manifestación que percorreu o centro de Vilagarcía até achegarse á oficina da Seguridade Social.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com