24/5/2011
A Federación considera que se trata dunha represalia contra as direccións que se amosan reivindicativas e non acepta nos recortes no ensino público
A CIG-Ensino da Coruña amosou o seu rexeitamento á sanción imposta pola Consellaría de Educación ao director do IES “Agra de Raíces” de Cee, por non aceptar o recorte de profesorado decretado pola Xunta e amosar a súa oposición ao deterioro da calidade do ensino público.
4/1/2011
Afirma que o condutor do coche da megafonía da protesta do 18 de novembro estaba ausente cando se lle impuxo a sanción
A Unión Local da CIG de Compostela quere denunciar publicamente a actitude represiva e obstaculizadora do libre exercicio dos dereitos sindicais que está a amosar a Concellería de Seguridade Viaria, que vén de multar á central con 200 euros por unha suposta infracción do vehículo de megafonía durante a manifestación do pasado 18 de novembro.
20/8/2010
CIG-Servizos denuncia que a empresa adxudicataria da recollida do lixo manifestoulle ao comité que seguirá a enviar un único operario/a na parte traseira dos camións
A Inspección de Traballo
sancionou con 8.200 euros á compañía Urbaser Ferrol por realizar a
recollida do lixo cun único operario/a na parte
traseira dos camións. Dende a CIG-Servizos da cidade departamental
-promotora xunto co comité de empresa das denuncias que motivaron a
actuación da autoridade laboral- critican que a compañía concesionaria do servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos xa anunciou que pagará a multa
pero non fará nada para corrixir esta ilegalidade. A central nacionalista denunciara con anterioridade a pasividade da Inspección e do Concello de Ferrol diante irregularidades cometidas pola empresa.
2/10/2009
Libre mercado contra negociación colectiva
A Comisión Nacional da Competencia (CNC) española sancionou con multas por máis dun millón de euros ás partes asinantes do IV Acordo estatal para a regulación das condicións laborais do sector da estiba portuaria, por prácticas restritivas do libre mercado. En concreto, o organismo presidido por Luis Berenguer sancionou a patronal Anesco cunha multa de 901.518 euros, o sindicato Coordinadora Estatal de los Trabajadores del Mar con 168.000 euros, a CIG con 3.900 euros e o sindicato basco LAB con 3.000 euros.