27/12/2012
A CIG-Administración considera que se trata dun “lavado de cara”
A
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza (AMTEGA) concedeu, o pasado
11 de decembro, un premio dotado con 1.000 euros a un proxecto de fin de
carreira no que se utilizaba o software libre. Para o sector da Autonómica da
CIG-Administración trátase dun “lavado de imaxe” por mor das críticas recibidas
por non fomentar, nin utilizar este software mentres gasta inxentes cantidades
en software propietario na administración galega.
26/12/2011
Denuncia a adxudicación dun novo contrato por máis de 150.000€ á multinacional, que se suma aos case 5 millóns de € por renovación de licenzas
A CIG-Administración, sector da autonómica, vén
de denunciar a adxudicación dun contrato, negociado sen publicidade, por valor
de 151.038 euros á corporación norteamericana Microsoft. Unha adxudicación que
consideran que supón “seguir esgotando os cartos públicos”, en lugar de “apostar
por unha austeridade que non dane os servizos públicos nin agrida ao persoal
que os desenvolve” e que supón o incumprimento do compromiso do goberno galego de
implantar o software libre.
2/10/2009
A decisión chega logo do preaviso para as eleccións sindicais e vai supor o desmantelamento das entidades dedicadas a I+D+i
A CIG-Autonómica denunciou publicamente o desmantelamento que a Xunta de Galiza está a levar a cabo das fundacións creadas polo bipartito destinadas á investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. O goberno galego vai despedir a máis de 100 traballadores/as destes centros, recoñecendo explicitamente a improcedencia dos mesmos, sen garantir a continuidade da actividade. As notificacións comezaron a chegar logo de que a CIG preavisara da celebración de eleccións sindicais o pasado mes de setembro.