Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
As Pontes
23/5/2012 A mobilización coincidiu coa presentación dunha pregunta do BNG no pleno
O persoal de Einsa trasladaba este mércores as súas mobilizacións a Compostela, cunha concentración diante do Parlamento de Galiza, coincidindo coa celebración do pleno onde o BNG presentaba unha pregunta para a súa resposta oral, pola vía de urxencia, dada a gravidade da situación. O persoal leva dúas semanas en folga e con mobilizacións continuadas e a empresa xa comezou a facer efectivos os despedimentos previstos.
22/5/2012 En demanda da readmisión do persoal despedido e un plan de viabilidade alternativo que garanta a continuidade da empresa
Dúas semanas en folga e mobilizacións continuadas. Este é o panorama que viven a diario os traballadores e traballadoras de Einsa Print dende que a dirección lles presentou o agresivo plan de axustes para aforrar máis de 2 millóns de euros e afrontar as débedas cos bancos. Na tardiña deste martes, o persoal, acompañado por ducias de veciños e veciñas volvía manifestarse polas rúas das Pontes en contra dos despedimentos, dos recortes salariais e por un plan de viabilidade alternativo que efectivamente garanta a continuidade da actividade das plantas de Einsa.
21/5/2012 O persoal, que continúa en folga indefinida, mantivo unha xuntanza coa empresa este luns
A representación dos traballadores/as de Einsa Print mantiveron este luns unha xuntanza coa dirección para abordar o plan de axustes presentado pola empresa e presentar unhas alternativas que eviten a baixada brutal de salarios e o despedimento de 29 empregados/as.
18/5/2012 Os traballadores/as, que cumpren dez días en folga, trasladaron as súas protestas até as portas da Delegación do Goberno
Os traballadores/as de Einsa trasladáronse na mañá deste venres até A Coruña para realizar unha concentración diante da Delegación do Goberno, onde tamén entregaron un escrito dirixido ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social para demandar a súa mediación no conflito e evitar tanto os despedimentos como a rebaixa das condicións laborais que pretende impor a empresa. O persoal, que leva dez días en folga indefinida, continúa así co calendario de mobilizacións en contra do plan de axustes ideado pola dirección para aforrar case tres millóns de euros e facer fronte ás súas débedas cos bancos.
15/5/2012 O persoal demanda unha reunión urxente co Conselleiro de Industria e que a empresa aclare onde gastou dous millóns de euros
Os traballadores e traballadoras de Einsa Print cumpren este martes unha semana en folga indefinida, como resposta ao agresivo plan de axustes que a compañía está a levar adiante para amortizar as súas débedas. Esta mañá o persoal desenvolveu unha concentración diante dos edificios da Xunta de Galiza en Ferrol, onde tamén rexistrou un escrito dirixido á Consellaría de Industria para axilizar e concretar a xuntanza solicitada polo Comité co titular do departamento autonómico.
11/5/2012 A marcha, que se prolongou durante dúas horas, percorreu os oito quilómetros que separan as instalacións da empresa da vila das Pontes
Traballadores e traballadoras do Grupo Einsa, acompañados por máis de cen veciños e veciñas das Pontes, protagonizaron na tarde deste venres unha marcha, que se prolongou por máis de dúas horas, en contra do plan de axuste que está a aplicar a compañía, que inclúe 29 despedimentos e unha rebaixa substancial dos salarios. A protesta rematou no centro da vila, onde se sumou un multitudinario número de persoas, coa lectura dun manifesto por parte dunha das traballadoras despedidas.
10/5/2012 A marcha sairá ás 17:00 horas das instalacións da empresa no Polígono de Penapurreira con dirección ás Pontes e rematará na Praza do Carme
Os traballadores/as de Einsa, que levan dende a tarde do martes en folga indefinida, teñen convocada unha manifestación para mañá, venres 11 de maio, en contra dos despedimentos que a empresa está a executar e os duros recortes laborais e salariais que pretende impor para facer fronte ás súas débedas económicas. A marcha sairá ás 17:00 horas das instalacións da empresa no Polígono de Penapurreira e está previsto que remate dúas horas despois na Praza do Carme das Pontes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com