10/2/2012
Durante 2010, o 27% das persoas asalariadas en Galiza percibiron como máximo o SMI e un 15% apenas a metade deste
A crise, que Galiza padece con especial virulencia, está a provocar que
as diferenzas de renda existentes entre a clase asalariada se agudicen,
chegando a ser “escandalosas”. Así se recolle no traballo realizado por
Natividade López Gromaz, responsábel do Gabinete Técnico de Economía, a partir
dos últimos datos feitos públicos pola Axencia Tributaria, correspondentes ao
ano 2010. Destes datos tírase ademais que a mocidade é a máis prexudicada,
porque alén de baixos salarios, soporta unhas taxas de paro intolerábeis e
contratos de escasa duración. Reproducimos, de seguido, esta análise.
6/2/2012
O traballo inclúe entrevistas a Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, e a Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva
A Fundación Moncho Reboira-Fesga presenta un traballo audiovisual que recolle a análise sobre o recente
acordo de CCOO e UGT coa patronal de CEOE e CEPYME (“II Acuerdo para el
empleo y la negociación colectiva”). Inclúe entrevistas con Xesús
Seixo, secretario xeral da CIG, e Antolín Alcántara, secretario
confederal de negociación colectiva da central.
3/2/2012
A central pon a disposición dos interesados/as o asesoramento do Gabinete de Economía Social e os locais do sindicato para as xuntanzas
Neste tempo de crise do modelo socio-económico, de necesidade de implementar alternativas que dean cumprida resposta á creación e vertebración dun novo sistema máis xusto e solidario, a posibilidade das cooperativas de traballo asociado son alternativas reais xa existentes en Galiza que se afastan dos modelos empresariais ao uso. Trátase de iniciativas nas que se deseñan empregos coexistentes con obxectivos da economía social, modelos sustentábeis e respectuosos na convivencia entre iguais e co medio onde se integran.
12/1/2012
Suso Seixo chamou en Vigo á mobilización por un novo modelo máis xusto e solidario e adiantou a posibilidade de convocar unha nova folga xeral antes do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
Centos e centos de delegados e delegadas da Confederación Intersindical Galega saíron hoxe á rúa en todo o país para amosar o seu rexeitamento ás medidas adoptadas polo Partido Popular nada máis acceder ao Goberno español porque volven cargar o peso da crise sobre a clase traballadora. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, fixo en Vigo un chamamento á mobilización para conquistar un modelo económico e social máis xusto e solidario e adiantou a posibilidade de convocar unha nova folga xeral antes do 10 de marzo, data na que se celebra o Día da Clase Obreira Galega.
10/1/2012
O secretariado confederal acorda pór en marcha unha campaña para denunciar as súas consecuencias, reclamar políticas alternativas e esixir maior soberanía
O Secretariado Confederal da CIG, reunido este martes en Compostela, acordou convocar concentracións de delegados/as para este xoves, 12 de xaneiro, diante das delegacións de Facenda da administración central para manifestar o seu rexeitamento ás medidas aprobadas, vía decreto, polo goberno do PP. A central sindical, que tamén celebrará asembleas para analizar o novo escenario, considera que estas decisións son claramente negativas para a clase traballadora porque “os recortes do investimento público provocarán máis destrución de emprego e o deterioro dos servizos públicos e as medidas fiscais adoptadas nada teñen que ver coa reforma fiscal que sería necesario acometer”, afirma o Secretario Xeral, Suso Seixo.
30/12/2011
A redución do gasto público provocará máis desemprego e perda de calidade nos servizos públicos
O goberno Rajoy
anunciaba tras do Consello de Ministros, toda unha serie de medidas, en materia
económica, destinadas a reducir o gasto público en 8.900 millóns de euros. Para
o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, supón dar continuidade ás políticas que
viña aplicando o PSOE, dirixidas unicamente a reducir o déficit público, a
custo de empeorar as condicións de vida de pensionistas, traballadores que
perciben o SMI, empregados/as públicos/as ou dependentes. Alén diso, non
introduciu nin unha soa medida para combater a especulación coa débeda pública,
nin para estimular a economía e a creación de emprego.
29/12/2011
A central nacionalista sostén que a decisión repercutirá sobre millóns de persoas, moitas máis das 180.000 recoñecidas oficialmente
O
Ministerio de Traballo apunta una cifra aproximada de 180.000 persoas
que estarían afectadas pola aplicación do Salario Mínimo
Interprofesional. Este dato foi interesadamente manipulado e
significativamente diminuído para relativizar a incidencia do SMI e
a consecuencia de non incrementar este indicador. Os efectos son
amplamente maiores, tal e como se explica a continuación.