18/4/2012
A CIG-Valdeorras reclama que se investigue a suposta venda fraudulenta de chatarra, cobre e maquinaria por parte da compañía
A
CIG-Valdeorras vén de denunciar a empresa ourensá Tendidos
Eléctricos Merino ante a Inspección de Traballo por falta de
ocupación efectiva dos seus 11 traballadores/as. A central
nacionalista tamén presentou un escrito na Garda Civil para que
investigue a venda supostamente fraudulenta de chatarra, cobre e
maquinaria por se puidese supoñer un delito de alzamento de bens.
21/10/2011
A mobilización, que se celebra ao mesmo tempo noutras cidades galegas, comezará a partir das 20.00 horas
A
Unión Local da CIG de Valdeorras fai un chamamento a toda a
afiliación do sindicato para que participe na mobilización
convocada o vindeiro xoves 27 en defensa da sanidade pública. A
central nacionalista apoia deste xeito os actos reivindicativos
organizados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área
do Barco. O resto do país tamén acollerá mobilizacións ese mesmo
día.
23/5/2011
A empresa louseira négase a aceptar a lista da central e impediu a celebración dunha asemblea nas súas instalacións
A Unión Local da CIG de Valdeorras presentou un laudo arbitral para reclamar a anulación das
eleccións sindicais previstas para este mércores 25 en Cafersa
despois de que a mesa se negase a aceptar a súa candidatura. Dende a
central denuncian as presións "propias da mafia" que a empresa está a exercer sobre os
candidatos nacionalistas para evitar que poidan obter representación.
7/3/2011
A CIG de Valdeorras denuncia que o empresario só paga parte das dietas correspondentes ás rutas de viaxe
Os traballadores e traballadoras Transportes Fidel Rey , de Vilamartín de Valdeorras, estudan convocar folga diante da débeda salarial que a empresa mantén. Segundo informaron dende a CIG de Valdeorras, o persoal permanece sen cobrar dende hai seis meses e o empresario só abona parte das dietas correspondentes ás rutas de viaxe.
4/6/2010
A Unión Local deste municipio ourensá continúa coa actos conmemorativos do seu aniversario
A Unión Local da
CIG-Valdeorras continúa cos actos conmemorativos do seu XXV
aniversario. Nesta ocasión organiza unha conferencia a cargo de tres
sindicalistas históricos da zona e unha cea na que se homenaxeará
aos afiliados/as con máis de 20 anos de antigüidade. Será o
vindeiro venres 11 de xuño.
5/3/2010
As/os interesados/as poderán anotarse até o lúns 8
A Unión Local da CIG de Valdeorras porá a disposición da xente desta localidade un autobus de balde para participar na mobilización do 10 de marzo en Ourense. O persoal interesado poderá anotarse até o lúns 8 ata as 20:00 horas no local da central no Barco ou chamando por teléfono: 988 321 511.
2/6/2009
Dase unha discrimación selectiva que perxudica aos afiliados e afiliadas da CIG
Unha vez mais, a Unión Local da Confederación Intersindical Galega ( CIG ) en Valdeorras vese na obriga de dírixirse á opinión pública para denunciar os incumprimentos do Convenio Colectivo, e as agresións e a politica de discriminanición selectiva, cara as/os afiliadas/os da CIG, en materia de descansos, dias libres e cambios de quendas.