Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Bombeiros do Morrazo
22/11/2010 A decisión xudicial, contra a que non cabe recurso, declara nula a sanción imposta por Celta Prix ao delegado de persoal da CIG
Unha sentenza do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, contra a que non cabe recurso, vén de confirmar a persecución sindical exercida pola empresa que xestiona o parque comarcal de bombeiros do Morrazo contra o delegado de persoal da CIG. A decisión xudicial considera nula a sanción imposta por Celta Prix a Rubén Fraga ao entender que “se debeu ao intento por parte da empresa de represaliar a activa labor sindical do demandante” e obriga a compañía a abonarlle o salario que deixou de percibir no tempo que durou a suspensión de emprego e soldo.
8/2/2010 Denuncian a complicidade da Administración diante dos atropelos de Celta Prix
O día 27 de xaneiro, o Xulgado nº 3 de Pontevedra, ditaba sentenza sobre o despedimento do Bombeiro Pablo Álvarez. A sentenza declara o despido deste traballador como improcedente. O auto ben a confirmar, de xeito claro e contundente, a opinión da CIG sobre este atropelo laboral; un mais aos que, lamentabelmente, xa nos empeza a ter acostumados CELTAPRIX e que semella contar coa pasividade da Administración responsábel deste servizo. Pasividade que se transforma en complicidade pola vía dos feitos.
10/11/2009 A empresa concesionaria despediu a un traballador e expedientou a outros dous
Bombeiros do Parque Comarcal do Morrazo continúan coas protestas para rexeitar a actitude despótica da concesionaria, Celta Prix, que despediu un traballador e sancionou dous máis. Os profesionais de Emerxencias permaneceron durante seis horas pechados na Deputación de Pontevedra o 9 de novembro como medida de presión para que a institución provincial medie no conflito.
29/10/2009 Agrávase o conflito no parque comarcal en vésperas da manifestación en Compostela por uns servizos de emerxencias públicos
O conflito aberto entre os bombeiros do Morrazo e CeltaPrix vén agravarse logo de que a empresa decidise expedientar ao delegado de persoal  “por falta moi grave e perda de confianza” e sanicionar ao irmán dun traballador despedido. Os bombeiros, que se mobilizaron a pasada semana diante da Deputación de Pontevedra para exixir  a readmisión dun compañeiro despedido, manteñen unha pelexa activa contra as intencións da administración galega de privatizar a xestión dos futuros Consorcios Provinciais, e así este venres 30 de outubro levarán a cabo unha manifestación en Compostela para exixir un servizo público de emerxencias.
23/10/2009 Novo caso de represión sindical
Bombeiros do Parque Comarcal do Morrazo protagonizaron o 22 de outubro unha concentración na Deputación de Pontevedra coa intención de que o organismo provincial medie no conflito desatado tralo despedimento dun compañeiro pola concesionaria, Celta Prix. O vicepresidente da Deputación, José Enrique Sotelo, que ao mesmo tempo preside o Consorcio Comarcal do Morrazo, comprometeuse a manter unha xuntanza o vindeiro 28 de outubro coa empresa e a CIG-Servizos para atopar unha solución.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com