15/11/2010
Teñen convocada unha asemblea para o martes 16 de novembro, ás 20:00 horas, na que tamén darán conta do calendario de mobilizacións a realizar
A CIG-Servizos vai celebrar unha Asemblea a Xeral de Afiliación este martes 16 de novembro, para abordar todo o calendario de mobilizacións en defensa dos servizos públicos e contra as reformas do capital que a central ten convocado. A asemblea desenvolverase a partir das 20:00 horas, na Sala de Actos do Local Sindical de Ferrol.
12/7/2010
A súa candidatura, a única que se presentou ao proceso, recibiu o apoio unánime
A segunda asemblea de afiliados e afiliadas da Unión Local da CIG de Carballo, celebrada o pasado sábado 10 de xullo, reelixiu a Indalecio López como Secretario Local. A candidatura de López, a única presentada ao proceso, recibiu tamén o apoio unánime dos presentes para a composición da nova directiva local.
29/10/2009
300 persoas, delegados/as e afiliadas/as asistiron a esta xuntanza no Cine dos Salesianos en Vigo
Pasadas as sete e media da tarde comezaba a asemblea de afiliados e afiliadas da CIG, e simpatizantes, afectados pola negociación do convenio provincial do Metal, no que se analizou a situación na que se encontra este convenio, asi como o preacordo, ao que se lle deu un rotundo rexeitamento. A cuestión da mascarada do referendo orquestrada polas centrais sindicais CCOO e UGT tamén foi tratada nesta asemblea, asi como se estudaron posíbeis novas accións para enfrontar o problema da regulación na contratación no naval e dar resposta ás demandas de melloras laborais e salariais no sector.
23/10/2009
Será o próximo mércores nos Salesianos ás 19.30 da tarde
A Federación do Metal da CIG convoca unha asemblea de afiliados e afiliadas, asi como simpatizantes que terá lugar o vindeiro mércores 28 de outubro ás 19.30 horas no Cine Salesianos, na rúa Venezuela número 3, para tratar como único ponto da orde do día o convenio do metal.