7/2/2011
A CIG-Ensino reclama da Consellaría de Educación que adopte con urxencia medidas correctoras
A CIG-Ensino, coñecedora do informe da Universidade de Santiago de Compostela sobre o nivel de gas radon realizado en 58 centros educativos, no que se comproba que varios centros educativos sobrepasan os valores de radon estabelecidos pola Organización Mundial da Saúde, dirixiuse por escrito ao Conselleiro de Educación para urxirlle que adopte as medidas correctoras necesarias, medidas que tamén foron reclamadas na Mesa Sectorial, na que os representantes da Administración admitiron o seu descoñecemento deste tema.
15/10/2010
A central presentou unha denuncia na Inspección de Traballo contra as empresas concesionarias por negarse a negociar protocolos de prevención
A FGAMT-CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra as empresas concesionarias do servizo público Noitebús na provincia de A Coruña por incumprimentos na lexislación de Saúde Laboral. O sector de Transportes da CIG lembra que este servizo nocturno ten unhas características peculiares que xeran situacións de perigo para os condutores e condutoras, polo que requiren dunha avaliación de riscos que as empresas se negan a realizar, alegando que se trata dun problema de orde pública do que non son responsábeis.
24/5/2010
A empresa, concesionaria do servizo de limpeza municipal, incumpre sistematicamente a lei de prevención de riscos
A CIG-Servizos de Ferrol vén de denunciar publicamente as irregularidades cometidas pola empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria do Concello, ao infrinxir a Lei de Prevención de Riscos Laborais e pondo en serio risco de accidente aos traballadores/as. Dende a Federación criticaron tamén a actitude da Inspección e do Concello de Ferrol por non actuar con dilixencia e de xeito contundente contra as irregularidades cometidas pola empresa.
9/4/2010
Desenvolveuse o 8 de abril
O xoves 8 de abril tivo lugar no Salón de Actos do edificio multiusos do Concello de O Barco de Valdeorras unha xornada técnica de identificación de riscos laborais e de presentación da "Guía de boas práticas na elaboración da pedra natural organizada pola unión local da CIG en Valdeorras.
29/10/2009
Nas Primeiras Xornadas de prevención de riscos laborais no téxtil
Ao longo de toda a mañá o xoves 28 de outubro tiveron lugar as Primeiras Xornadas de Prevención de Riscos Laborais no sector téxtil, no que se presentou a Guia sobre a incidencia dos transtonos musculo esqueléticos no sector téxtil galego, un rigoroso informe para denunciar que moitas das baixas por enfermidade común ou IT veñen derivadas de enfermidades profisionais, como produto destes transtornos musculo esqueléticos. A saúde laboral como unha necesidade fundamental foi outro dos temas a debate entre as máis de 40 delegadas e delegados do sector presentes neste encontro.