18/3/2010
Critica tamén a retirada de faixas anunciando a mobilización e a falta de información nos medios desta convocatoria
Na folga do 8 de maio de 2007 en quenda de mañá mínimos 100, agora 210, en quenda de tarde había 43 e agora 139 e na quenda de noite había 14 e agora 47, Total de 157 pasa agora a 396. A CIG-Saúde de Vigo denuncia que "o SERGAS nun alarde de totalitarismo e imposición enviou un borrador de servizos mínimos para a folga do día 25 de marzo que en Primaria se incrementa en mais do 250% con respecto á última folga convocada".
16/3/2010
A CIG-Saúde destaca o éxito de participación e a implicación do persoal nesta nova protesta
Ás 11 da mañá deste martes 16 de marzo daba comezo o peche na entrada do hospital Xeral de Vigo en protesta pola privatización da sanidade pública que o goberno galego pretende realizar. A medida de protesta, segundo informaron dende a CIG-Saúde, está sendo todo un éxito de participación e implicación do persoal.
16/3/2010
A Federación reitera a necesidade de elaborar un mapa de competencias profesionais contando coa participación dos/as traballadores/as
A CIG-Saúde “agradeceu” as explicacións que dá na prensa o Director de Enfermería do Complexo Xeral-Calde, xa que, lamentabelmente o macroplan de reorganización non foi comunicado globalmente e incluso por escrito á representación dos/as traballadores/as. “Congratulámonos inmensamente co incremento de persoal que se expón nos medios e desexaríamos que isto se comunicara tamén do resto de categorías”, apúntase nun comunicado. Non obstante, dende a CIG Saúde lamentaron que a dirección de enfermería non teña deseñado un plano de competencias de modo que cada categoría profesional desempeñe as súas tarefas de acordo co seu curriculum formativo e que o traballo se planifique por parte de un equipo multiprofesional.
13/3/2010
En Ourense, desde as 11 da mañá, e rematará o domingo ás 13
A Federación de Saúde da CIG desenvolveu a primeira xornada do seu V Congreso o sábado 13 de marzo, no Hotel Auriense, en Ourense. As/os 143 congresistas que están convocadas/os, debateron, desde as 11:15 horas deste dia, os relatorios de Acción Social e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos, nunha xornada de intenso debate. Os relatorios de acción sindical e política sanitaria quedaron aprobados con 74 votos a favor, 10 en contra e 7 abstencións.
11/3/2010
Manifestación ao redor do hospital
O xoves 11 de marzo celebrouse unha nova protesta contra a privatización da sanidade pública no Hospital do Meixoeiro. Nesta nova mobilización percorreuse os arredores do hospital en manifestación con berros en contra da privatización e contra os responsables da Xunta de Galiza así como contra o xerente do CHUVI Francisco Soriano pola súa activa defensa da privatización do novo hospital.
8/3/2010
Participaron profesionais do sector e representantes das asociacións de veciños/as da cidade
A CIG-Saúde de Lugo organizou unha xornada o pasado 3 de marzo baixo o título “Sanidade Pública. Novas políticas privatizadoras: olladas dende Lugo”, que contou coa participación de profesionais do sector así como membros das asociacións de veciños/as, que achegaron unha análise sobre as repercusións que vai ter para a cidadanía o proceso privatizador iniciado polo goberno galego.