2/2/2012
A representación da CIG na Mesa Xeral de Negociación chama ao diálogo para evitar que a negociación se xudicialice
A Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do
Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de anular parcialmente a RPT
(Relación de Postos de Traballo) do Concello de Celanova que leva acumuladas xa
varias sentenzas na súa contra. O tribunal considera que a atribución dun tramo
fixo no complemento específico “non parte
dun exame dos postos de traballo senón dunha suposición infundada” e
continúa dicindo que contradí “a
obxectividade, como unha das características fundamentais do complemento
específico”.
12/3/2010
Ás 10:30 horas coincidindo coa celebración do pleno municipal
A CIG vén de convocar unha concentración o vindeiro luns, 15 de marzo, ás 10:30 horas diante do Concello de Celanova, para denunciar a falta de negociación da RPT. A protesta coincide coa celebración do plano municipal no que se vai tratar a RPT, así como os orzamentos do Concello para este ano. A CIG-Administración lembra que o goberno local vulnerou o dereito á negociación colectiva efectiva e denuncia que "a RPT aprobada é un exercicio de arbitrariedade e de subxectividade".
7/1/2010
Posíbel interposición de recurso contra esta RPT se non se modifican as grandes eivas que ten
O 4 de xaneiro tivo lugar a última xuntanza da Mesa Xeral de Negociación convocada a raíz da sentenza número 108/09 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense na que se condenaba ao Concello de Celanova a elaborar unha Relación de Postos de Traballo (RPT) no Concello.
10/11/2009
Xa houbo dúas sentenzas anteriores nese sentido
Os Policías Locais do Concello de Celanova veñen de gañar, outra vez, unha sentenza no Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense no que se obriga ao Concello de Celanova a convocar unha Mesa Xeral para negociar as condicións de traballo das/os funcionarias/os.