Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
PALESTINA
29/6/2011 O Goberno de España “desaconsella a participación na Flotilla e non se responsabiliza das posíbeis consecuencias sobre os participantes que se poidan derivar da súa participación nela”
Varios centos de activistas chegados de diveros paises europeos, dos Estados Unidos e do Canadá están chegando a diferentes portos mediterráneos desde os que sairán a ducia de navíos nos que embarcaremos rumbo a Gaza para levar algo máis de 5000 toneladas de material humanitario rompendo o bloqueo imposto por Israel e para amosar ao Pobo Palestino a nosa solidariedade e apoio para con a sua xusta loita a prol dun Estado propio.  Arredor de 50 periodistas viaxarán tamén nos barcos da Flotilla, completando así as 500 persoas que intentegramos a expedición.
13/6/2011 Alén de achegar axuda humanitaria, preténdese amosar o apoio á creación do estado de Palestina e condenar a política de exterminio de Israel
Antes de final de mes, arredor de  20 barcos sairán desde diversos portos europeos con destino ao territorio palestino de Gaza. Varios centos de persoas en representación de moi diversas organizacións (políticas, sindicais, sociais...) irán a bordo dos barcos expresando desta maneira a súa condena á política xenocida practicada por Israel contra Palestina A flota intentará romper o bloqueo marítimo ao que está sometido o territorio de Gaza, levando moitas toneladas de material, nomeadamente escolar e de construción, para ser entregado a diversas organizacións representativas do Pobo Palestino.
30/5/2011 Partirá rumbo a Gaza en xuño, con axuda humanitaria e co propósito de romper o bloqueo a que a ten sometida Israel
En xuño zarpará rumbo a Gaza a II Flotilla da Liberdade con axuda humanitaria para a población da Faixa e co propósito de romper o bloqueo a que a ten sometida Israel. A CIG, que participa desta iniciativa internacional de carácter pacífico, chama a asinar o manifesto para sumar apoios e reclamar das autoridades que tomen as medidas necesarias para protexer a vida e integridade das persoas que forman parte dela.
29/3/2011 Integrante da Plataforma Boicote, Desinvestimento, Sancións contra Israel
Boicote, Desinvestimento, Sancións son os tres eixos baixo os que xira a actividade da plataforma internacional BDS, que dende hai oito meses opera tamén na Galiza. Entrevistamos a Antón Gómez Reino, “Tone”, integrante de BDS-Galiza, quen explica os principios e obxectivos deste movemento.
31/5/2010 Pola súa política xenocida contra a poboación palestina, polo ataque perpetrado contra a “flota da liberdade” e polo asasinato de civís que formaban parte da súa tripulación
A Confederación Intersindical Galega, diante do atroz ataque que vén de perpetrar o exército israelí contra a chamada “flota da liberdade”, exixe a urxente actuación dos organismos internacionais para que se impoñan de forma inmediata sancións contra Israel. A CIG denuncia a hipocrisía da UE e dos organismos internacionais en xeral, nomeadamente a ONU, por permitir o reiterado incumprimento, por parte de Israel, das resolucións internacionais e o xenocidio do pobo palestino, mentres que non ten problema algún por impor bloqueos, sancións de todo tipo e mesmo actuacións militares contra outros países, en función dos seus intereses económicos e xeoestratéxicos.
19/1/2009 Éxito da manifestación convocada por máis de 80 organizacións, entre elas á CIG, contra os ataques de Israel
Aos berros de “Palestina vencerá”, “o sionismo é terrorismo”, “onde están que non se ven as sanción a Israel”, máis de 15.000 persoas percorreron as rúas de Compostela para manifestar o seu rexeitamento á masacre que o goberno israelí está a levar a cabo contra o pobo palestino. A mobilización, convocada por máis de 80 organizacións e colectivos entre os que se atopa a CIG, recibiu a resposta masiva dos galegos e galegas que, unha vez máis, volveron amosar a súa solidariedade.
15/1/2009 Ás 12:00 do mediodía na Alameda de Compostela
O vindeiro 18 de xaneiro, todos os galegos e as galegas teñen unha cita en Compostela para manifestar de nova a súa solidariedade co pobo palestino e amosar o total rexeitamento á masacre que o goberno de Israel está levando a cabo en Gaza. A mobilización, convocada por distintas organizacións entre as que se atopa a CIG, sairá da Alameda de Compostela ás 12:00 do mediodía.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com