6/2/2012
O Goberno local, do PP, tentou impor unhas condicións laborais sen negociar e á marxe das pactadas no convenio
O Xulgado Social número 1 de Ourense vén de facer
pública unha sentenza pola que se condena ao Concello de Viana do
Bolo por violación do dereito á negociación colectiva ao tentar
impor unhas condicións laborais ao seu persoal sen negociar e á
marxe das pactadas no convenio colectivo.
1/3/2010
Nin a empresa nin a mutua protexeron a súa saúde
O Xulgado do Social nº 1 de Ourense ven de ditar Sentenza na que recoñece a enfermidade profesional dun traballador da Fundación Valdegodos en Viana do Bolo, que ocupa o posto de celador, a quen determinados produtos que habitualmente manipula, lle producen unha forte dermatite de contacto.
12/11/2009
O Concello iniciou a privatización do servizo sen informar aos representantes dos traballadores/as municipais
O Xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense vén de revogar o contrato de adxudicación do Servizo de recollida do Lixo do Concello de Viana do Bolo (Ourense) á empresa Elite Gallega, S.L., ao considerar os argumentos da CIG no que atinxe a que se trataba dunha acción ilegal dirixida a limitar os dereitos dos traballadores e traballadoras.