3/12/2010
As centrais sindicais comarcais presentaron un manifesto conxunto coas razóns para oporse á xestión privada deste servizo social
Traballadores e traballadoras do centro Souto de Leixa e sindicalistas da CIG pecháronse o xoves pola tarde na sede do Partido Popular de Ferrol, nunha nova acción de protesta pola privatización do centro asistencial que a Xunta está a levar a cabo e que pon en perigo tanto a cualidade do servizo como a continuidade dos empregos. Así mesmo, a CIG, UGT e CCOO de Ferrol fixeron público un manifesto en contra da privatización da xestión deste centro e de solidariedade e apoio aos traballadores/as e usuarios/as do mesmo.
24/9/2010
A representación de Frigorífica Botana, Audasa, F.C. Alimentación, Panaldia (Pescamar), Denllo e Fíos e a sección sindical da CIG en Pull&Bear tamén chama a participación na xornada do vindeiro mércores
As manifestacións públicas de apio á convocatoria de folga xeral do día 29 por parte das seccións sindicais da CIG e dos Comités de empresa multiplícanse a medida que se achega a data. Así, os Comités de Repsol, CampsaRed, Autos Sigras Carral, Comteco, Frigorífica Botana, Ambulancias Xuvias, Compañía Metropolitana de A Coruña, Audasa, F.C. Alimentación, Panaldia (Pescamar), Denllo e Fíos, así como a sección sindical da CIG en Pull&Bear, veñen de emitir cadanseu comunicado animando os traballadores e traballadoras de todo o País a participar na xornada de folga xeral contra a reforma do mercado laboral.
17/9/2010
O persoal, que teme o inicio de despedimentos masivos, deu lectura ao manifesto “Ferrol sen barcos”
O pasado mércores 15 de setembro os traballadores e traballadoras das auxiliares de Navantia Fene-Ferrol saíron ás portas do estaleiro para demandar carga de traballo que garanta a continuidade da actividade nos estaleiros e polo tanto, dos empregos. Emilio Maceiras, delegado da CIG no comité de empresa de DEPISA, foi elixido pola asemblea de delegados/as para presentar á prensa o comunicado “Ferrol sen barcos”, no que o colectivo de traballadores/as amosa a súa preocupación polo futuro de Navantia en Fene e Ferrol e demanda unha maior implicación das administracións na creación de alternativas industriais para a comarca .
26/4/2010
A actriz Isabel Risco foi a encarga de ler o manifesto conxunto ao remate da mobilización
Baixo o lema “En defensa dos servizos públicos”, miles de persoas percorreron o domingo 25 de abril as rúas de Compostela en contra das políticas de “privatización e mercantilización de todo o que é público”. Convocada por CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega, a marcha saíu da alameda arredor das doce e media e rematou na Praza da Quintana, onde a actriz Isabel Risco deu lectura ao manifesto conxunto no que denunciou a diminución da calidade das prestacións públicas, a precarización e o recorte do emprego implícitos a toda privatización.
24/7/2008
Colectivos e cidadáns poderán sumar o seu apoio en distintas páxinas web
Unha trintena de persoas representativas de diferentes eidos da sociedade
galega presentaron este xoves, día 23 de xullo, en Compostela o “Manifesto a
prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego”. Un
documento no que se subliña que “é o galego o que corre perigo como idioma e os
galego falantes os que non son debidamente respectados”.
12/2/2008
Exixe o cumprimento das resolucións da ONU e o respecto ao dereito internacional
Organizacións sociais, fundacións e particulares veñen de asinar un manifesto “ante os terribles acontecementos actuais que contribúen a prolongar a desesperación da poboación palestina”, para demandar a Israel o cese do bloqueo, a renovación do diálogo e a negociación como vías para pacificar os Territorios Ocupados.