Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
instalacións deportivas
6/9/2011 A Federación contesta ás acusacións emitidas pola entidade deportiva
Diante do comunicado emitido polo Club Natación de Ferrol acusando á CIG de mentir a respecto do despedimento de tres traballadoras da piscina municipal de Caranza, dende a Federación de Servizos queren lembrar á entidade as súas obrigas legais co persoal, todavez que agora se encarga da xestión desta instalación.
2/9/2011 O convenio colectivo de instalacións deportivas recolle este dereito, pero o acordo de xestión asinado entre o Concello e o Club Natación de Ferrol non o fai constar
A CIG-Servizos vén de denunciar publicamente o despedimento de tres traballadoras da instalación municipal de Caranza, ás que o Club Natación de Ferrol (que neses momentos xestiona a instalación) non recoñece o dereito á subrogación, a pesar de que así o estabelece o convenio de instalacións deportivas de Galiza.
8/4/2011 A central sindical consegue os tres delegados/as de persoal
A Federación de Servizos de Ferrol ven de gañar por maioría as eleccións sindicais realizadas o día 7 de abril na empresa Serviocio, adicada á xestión das Instalacións Deportivas Municipais da Malata.
30/3/2011 Consegue tres representantes dos/as cinco que se elixían
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais, celebradas o martes 29 de marzo, en Sermasa, empresa encargada das instalacións deportivas municipais do Concello da Coruña, ao acadar tres dos/as cinco delegados/as que se elixían, mentres que UGT e CCOO conseguiron un representante.
11/8/2010 A empresa Sidecu, encargada da xestión de polideportivos e piscinas, vén de despedir de forma improcedente a unha empregada
A federación de Servizos da CIG da Coruña denuncia as represalias que están a sufrir por parte da empresa algúns dos traballadores/as que participaron o ano pasado na folga de instalacións deportivas. O sindicato nacionalista sostén que Sidecu, a compañía encargada da xestión do polideportivo de San Diego e das piscinas de Oleiros e Perillo, entre outras, está a someter o persoal a unha presión continua e nas últimas semanas levou a cabo varios despedimentos, o último deles improcedente.
20/4/2010 O pasado venres unha monitora tivo que ser hospitalizada
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol vén de comunicar que está a tomar as medidas oportunas para aclarar o accidente laboral que tivo lugar o pasado venres nunha piscina de Narón e evitar que un suceso deste tipo se volva repetir. Dende a central trasladaron o apoio a monitora afectada e solicitouse ao Concello e á empresa que solucionen as irregularidades que poidan existir nas instalacións.
17/3/2010 Adolfo Naya permaneceu retido durante dúas horas e foi fichado por uns supostos feitos acontecidos durante a folga de instalacións deportivas
A CIG rexeita a detención do sindicalista da Federación de Servizos, Adolfo Naya, quen esta tarde foi retido de xeito ilegal durante dúas horas na comisaría de policía onde foi fichado por un suposto delito de coaccións que tería acontecido durante a folga de instalacións deportivas. Ao igual que aconteceu a pasada semana, un membro da CIG volve ser obxecto de persecución inxustificada, afondando o proceso de criminalización contra a central sindical por terse destacado na defensa dos dereitos da clase traballadora galega.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com