18/11/2009
Presentaron un escrito diante da Comisión Paritaria
CIG-Metal editou unha folla informativa para dar a coñecer no sector a reclamación presentada diante da Comisión Paritaria do Convenio do Metal da Provincia de Pontevedra, sobre a desaparición do artigo 53, co que desaparece o texto que fai referencia ao primeiro suposto dos tóxicos. A continuación reproducimos o panfleto repartido nos centros de traballos do sector estes dias polo seu interese e importancia