9/2/2012
A CIG valora positivamente a resposta ás mobilizacións, pero esixe do goberno español e galego actuacións urxentes para salvar o sector
Uns 5.000 traballadores/as do naval de Ferrol, acompañados por sindicalistas e cidadáns solidarios, manifestáronse este xoves polas rúas da Coruña até a Delegación do Goberno español na Galiza en demanda de carga de traballo e solucións para un sector que se atopa nunha gravísima situación. Ao remate da marcha, unha representación do persoal reuniuse co delegado da institución estatal, ao que esixiron que defenda as súas reivindicacións diante dos Gobernos galego e español para lograr compromisos para salvar un sector do que dependen máis de 17.000 empregos en toda Ferrolterra.
8/2/2012
Este mércores percorren os 16 quilómetros que separan Miño de Oleiros e mañá realizarán unha manifestación masiva até a Delegación do Goberno
Un pouco cansos pero co ánimo intacto, os traballadores/as do naval continuaron este mércores a marcha até a Coruña en demanda de solucións para a crítica situación que está a vivir o sector na ría de Ferrol. A segunda xornada de camiño, á que se uniron máis traballadores, cubrirá os 16 quilómetros que separan o Concello de Miño do Concello de Oleiros, onde esta tarde manterán un encontro co alcalde e onde tamén pasarán a noite.
7/2/2012
O persoal, que rematará a marcha o xoves diante da Delegación do Goberno, reclama ao executivo central e ao galego medidas para conseguir nova carga de traballo
Uns 150 traballadores e traballadoras de Navantia Ferrol e Fene iniciaron este martes unha marcha a pé que os levará até a Delegación do Goberno na Coruña o vindeiro xoves. Con esta acción reivindicativa, o persoal quere reclamar dos gobernos español medidas urxentes e compromisos reais que permitan dotar de carga de traballo aos dous estaleiros públicos da ría, incluíndo a contratación da sexta fragata e a construción do dique flotante. Dende a Sección Sindical da CIG lembrouse que dende o verán pasado xa se perderon 700 empregos nas industrias auxiliares e que a partir do verán Navantia ficará sen carteira de pedidos.
21/10/2011
Representantes dos traballadores/as mantiveron un encontro co Delegado do Goberno, que comprometeu o 50% do financiamento da infraestrutura por parte do Estado
A representación dos traballadores/as de Navantia e das industrias auxiliares, así como a CIG, valoraron positivamente o anuncio feito polo Delegado do Goberno na Galiza de que a administración estatal financiará o 50% dos custos da construción do dique flotante. Porén, a central sindical esixe que este compromiso se plasme en documentos oficiais que garantan as partidas orzamentarias precisas para facer realidade esta obra.
9/9/2011
O responsábel estatal solicitara documentación ao Comité co obxecto de esclarecer a carga real de traballo do Grupo Isolux Corsán
O persoal de Emesa trasladou as protestas na mañá deste venres até as potas da Delegación do Goberno na Galiza para demandar do responsábel deste organismo estatal, Miguel Cortizo, que cumpra cos compromisos adquiridos durante a xuntanza que ambas partes mantiveron o pasado mes de xuño.
28/6/2011
A Federación de Servizos organizou unha protesta diante da Delegación do Goberno español para denunciar a política de represión practicada por esta administración
Delegados e delegadas da CIG participaron esta mañá na concentración convocada pola Federación de Servizos en contra da represión sindical que as administracións, nomeadamente, a Delegación do Goberno español e as diferentes Subdelegacións, están a levar a cabo de xeito sistemático contra a actividade da central nacionalista. Esta persecución tense materializado na apertura de xuízo oral e nas peticións de multas ou penas de cárcere contra militantes, por participar en folgas e mobilizacións.
21/6/2011
O responsábel político comprométese a revisar a documentación que posúe o persoal para esclarecer a carga de traballo real do grupo Isolux
O Comité de Emesa mantivo esta mañá unha xuntanza co Delegado do Goberno na Galiza, Miguel Cortizo para trasladar a problemática laboral na que está inmersa o cadro de persoal da factoría de Coirós, que arrastra tres EREs consecutivos. A representación dos traballadores/as demandou, ao igual que xa fixo coa Xunta en reiteradas ocasións, a implicación real do Goberno español neste conflito para garantir a continuidade de Emesa e o mantemento dos empregos.