9/3/2010
Denuncian a falta de regulación da contratación, a represión e a perda de dereitos conquistados, e chaman á secundar esta mobilización obreira na provincia de Pontevedra
A CIG-Metal editou milleiros de follas informativas a distribuir no sector naval nos días previos á folga, no que tamén se están a realizar asembleas, para facer chegar información aos traballadores/as do naval. Nos últimos dias tanto as patronais como outras centrais sindicais téñense posicionado conxuntamento contra esta convocatoria de folga, polo que a central sindical nacionalista explica a súa postura polo miúdo no seguinte comunicado que transcrebemos polo seu interese e onde subliñan que "temos que decirlle aos empresarios, a UGT e CCOO que non poden acordar modificar o Convenio sen o permiso dos traballadores, non teñen autoridade. Se non facemos esta Folga seguirán acordando o que queiran, vendendo o noso dereito ao traballo e todo aquelo que tanto nos costou en anos de loita".
5/3/2010
Pola regulación da contratación, polo cumprimento do convenio e contra a represión sindical
Ás 11.30 da mañá o 5 de marzo houbo unha rolda de prensa da CIG-Metal para dar a coñecer a convocatoria de folga no sector naval da central sindical nacionalista para o 10 de marzo contra a desaparición da bolsa de emprego e na defensa da regulación da contratación no sector. A folga terá unha duración de 24 horas e a convocatoria atinxe a todos os traballadores e traballadoras do sector naval con ou sen convenio propio da provincia de Pontevedra. Promóvese tamén esta folga polo incumprimento do Convenio Colectivo do Metal, contra a flexibilidade horaria e contra a represión sindical.
26/2/2010
Puxo en coñecemento de Inspección de Traballo estes feitos e continuará a realizar asembleas a próxima semana malia estes atrancos
O venres 26 de febreiro comezaba a quenda das asembleas nos centros de traballo do naval, sendo a primeira destas reunións no estaleiro de Vulcano. Nesta asemblea, como nas seguintes, desde a CIG-Metal estase a informar da actual situación do sector e do contido do acordo asinado pola patronal, CCOO e UGT para suprimir a bolsa de emprego. A postura unánime dos estaleiros está a de considerar a través de respostas por escrito que a CIG “non está lexitimada” para facer asembleas .
22/2/2010
Denuncia o acordo que asinaron CCOO, UGT e os empresarios, que deixa sen efecto o convenio en canto á bolsa de emprego
O xoves 18 de febreiro tivo lugar unha asemblea de delegados e delegadas do naval da CIG-Metal de Vigo no que se analizou o acordo asinado polas centrais sindicais UGT e CCOO, e a patronal, que remata coa Axencia da Bolsa de Emprego e que desregula por completo a cuestión da contratación no sector.
16/2/2010
Anuncian asembleas e mobilizacións nas próximas semanas, xa que se volve á situación de desregulación do ano 2005
O martes 16 de febreiro tivo lugar unha rolda de prensa no local da CIG de Vigo na que participaron os coordenadores da CIG-Metal de Vigo, Henrique Pérez e Roxelio Veiga, asi como Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, e Manolo Simón, responsábel comarcal do sector naval da CIG-Metal de Vigo. Nesta comparecencia diante dos medios de comunicación amosaron o seu rexeitamento ao pre-acordo asinado o luns 15 de febreiro na mesa de contratación do naval por ser "fume", e desregular totalmente a contratación no sector naval, retrotraendo á situación do sector neste aspecto no 2005. Informaron da celebración de asembleas nos estaleiros nesta semana e da convocatoria de mobilizacións contra este pre-acordo, asinado pola patronal e CCOO e UGT.
12/2/2010
Conseguen parar a vontade de sancións contra estes dous compañeiros de Barreras
Ás dez da mañá, á hora do bocadillo, realizabase unha asemblea no interior do estaleiro de Barreras, na que baixaban do guindastre os dous parados da asemblea de desempregados deste sector en protesta desde habia 30 horas pola contratación irregular que se está a dar no sector. Despois dunha durísima noite, na que non contaron nin con corrente eléctrica, nin con alimentos, nin bebida, nin mantas, e que tiveron que soportar unhas baixísimas temperaturas decidiron baixar despois de adquirir o compromiso de que non habería sancións.
10/2/2010
Nova acción destes desempregados do sector
Os traballadores do sector naval que forman parte da asemblea de parados o martes 9 de febreiro realizaron unha nova acción de protesta e visibilización da situación na que se atopan, pola falta de regulación de contratación no sector. Asi, ás once da mañá ocupaban a Delegación da Inspección de Traballo en Vigo, onde se mantiveron até ser recibidos polo Xefe de Inspección de Traballo, Xesús Casas de Ron, ao que lle trasladaron as súas demandas e inquedanzas.