27/2/2013
A central obtivo 5 dos 13 membros que integrarán o Comité de Empresa
A CIG-Saúde vén de gañar as eleccións sindicais celebradas o martes 26 de febreiro no Hospital Xeral “Juan Cardona” en Caranza (Ferrol). Dos 13 membros do Comité que se elixían (7 no colexio de Técnicos e Administrativos e 6 no colexio de Especialistas e Non cualificados), a central nacionalista obtivo 5 representantes.
23/1/2013
Os dous delegados que se presentaron pola central nacionalista saíron reelixidos
A CIG-Metal volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Supervisión y Control (concesionaria da Inspección Técnica de Vehículos), celebradas o pasado venres 11 de Xaneiro na ITV de Ourense, situada no Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar.
10/1/2013
A Federación do Metal valora o proceso como o resultado da dura loita sindical realizada nos últimos anos nesta empresa
A Confederación Intersindical Galega vén de gañar as eleccións sindicais en Masa Galicia S.A., celebradas o martes 8 de xaneiro. A central nacionalista obtivo 52 votos, conseguindo cinco dos nove representantes que integrarán o Comité de empresa. Pola súa banda, CCOO obtivo tres delegados, mentres que UGT ficou só con un representante no Comité.
2/11/2012
Dun total de 23 delegados/as, a CIG obtén 12, fronte a CCOO, que obtén 7 e a UGT que consigue 4
O pasado mércores, tras unha longa xornada de votación, a CIG foi
elixida, de novo, polo persoal de Bosch Vigo como o sindicato maioritario no
Comité de Empresa. Do total de membros que conforman o Comité, 23 delegados/as,
a CIG obtén 12; CCOO, 7 e UGT, 4.
6/8/2012
A empresa dificultou a presentación de candidatura no Colexio de Técnicos e Administracións pero acadou 87 votos, fronte os 29 de CCOO no de Especialistas
O pasado venres, día 3 de agosto, celebrábanse
as eleccións sindicais na metalúrxica Celsa Atlantic S.L, de Laracha. A
empresa, co seu decido apoio a CCOO, impedía a presentación de candidatura da
CIG no colexio de Técnicos e Administrativos. Malia iso, a central sindical
presentaba candidatura no colexio de Especialistas, conseguía 87 votos e cinco
delegados/as, o que supón a maioría absoluta no comité de empresa.
26/7/2012
Acada o 100% do Comité, formado por 5 delegados
Nas eleccións celebradas o 24 de
Xullo (véspera do día da Patria) as traballadoras e traballadores de EGATEL
decidiron depositar toda a súa confianza no sindicalismo nacionalista, e apoiar
só unha candidatura da CIG nas primeiras eleccións sindicais que se celebran na
empresa.
29/6/2012
Nas eleccións elexíronse un total de 47 delegados/as dos que a CIG acadou 26 (55,3%)
O persoal do
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar avalou hoxe o traballo sindical
desenvolto pola CIG nestes últimos catro anos. Segundo os dados provisionais a
CIG acadou 26 delegados/as dun total de 47.
A CIG valora moi positivamente os resultados obtidos e considera que
supoñen un respaldo ao traballo desenvolto neste catro anos, dirixido
fundamentalmente á defensa da consolidación dos postos de traballo, a evitar a privatización
dos centros que dependen do Consorcio e a integrar aos/as traballadores/as no V
Convenio de Laborais da Xunta de Galiza.