10/2/2012
A decisión adoptada polo consello do principal acredor contempla a quita do 80% da débeda
O
consello da sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión
(Pymar) decidiu por ampla maioría adherirse ao convenio de Vulcano,
o que abre unha porta á supervivencia do estaleiro vigués, que
evita deste xeito ter que ir á liquidación da empresa. O acordo
contempla a quita do 80% da débeda do estaleiro con sede no barrio de Teis.
9/2/2012
O comité de empresa desprazouse até Madrid, cidade na que este venres se vai tomar a decisión
Os
traballadores do estaleiro vigués Vulcano iniciaron este mediodía
un peche no interior das instalacións que manterán até que se
coñeza se a sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en
Reconversión (Pymar) acepta a quita do 80% das débedas do
estaleiro. O encerro manterase mentres o comité de empresa non
regrese de Madrid coa resolución do consello de Pymar. Os afectados tamén percorreron a rúa Sanjurjo Badía en manifestación.
9/2/2012
A Consellaría de Industria reúne á mesa constituída no marco do diálogo social, da que están excluídos o clúster do naval, a Xerencia e a central nacionalista
O Secretario da Federación do Metal da CIG, Xoán Xosé Bouzas Aboi, cualificou este xoves de burla e chantaxe a negativa da Consellaría de Industria a convocar a Mesa do Naval de Galiza para abordar a problemática situación que atravesan as empresas do sector privado. Pola contra, o departamento utiliza o marco da mesa saída do chamado diálogo social para facer anuncios propagandísticos e tratar as vellas demandas do sector. Non obstante, nesta mesa non están incluídas nin a CIG (que ten unha importante representación sindical), nin boa parte das empresas, ao deixar fóra á ACLUNAGA e á Xerencia do Sector Naval.
9/2/2012
A CIG valora positivamente a resposta ás mobilizacións, pero esixe do goberno español e galego actuacións urxentes para salvar o sector
Uns 5.000 traballadores/as do naval de Ferrol, acompañados por sindicalistas e cidadáns solidarios, manifestáronse este xoves polas rúas da Coruña até a Delegación do Goberno español na Galiza en demanda de carga de traballo e solucións para un sector que se atopa nunha gravísima situación. Ao remate da marcha, unha representación do persoal reuniuse co delegado da institución estatal, ao que esixiron que defenda as súas reivindicacións diante dos Gobernos galego e español para lograr compromisos para salvar un sector do que dependen máis de 17.000 empregos en toda Ferrolterra.
8/2/2012
Este mércores percorren os 16 quilómetros que separan Miño de Oleiros e mañá realizarán unha manifestación masiva até a Delegación do Goberno
Un pouco cansos pero co ánimo intacto, os traballadores/as do naval continuaron este mércores a marcha até a Coruña en demanda de solucións para a crítica situación que está a vivir o sector na ría de Ferrol. A segunda xornada de camiño, á que se uniron máis traballadores, cubrirá os 16 quilómetros que separan o Concello de Miño do Concello de Oleiros, onde esta tarde manterán un encontro co alcalde e onde tamén pasarán a noite.
31/1/2012
O persoal continuará as mobilizacións o martes 7 de febreiro cunha marcha a pé até a Delegación do Goberno na Coruña
Os traballadores e as traballadoras do naval da ría de Ferrol retomaron esta mañá o calendario de mobilizacións en demanda dunha solución urxente á crise que padece o sector por mor da falta de carga de traballo, ocupando a Casa do Concello, de onde foron desaloxados pola policía local, que non dubidou en utilizar gas pementa para reprimir a protesta laboral. O persoal continuará co calendario de mobilizacións o próximo martes cunha marcha a pé até durante tres días que os levará até as portas de Delegación do Goberno na Coruña.
26/1/2012
Ao remate da manifestación convocada pola CIG denunciouse a falta de vontade política para salvar unha industria básica para a comarca
Máis de 5.000 persoas participaron esta tarde en Vigo na manifestación convocada pola CIG en defensa do naval. Dende a central nacionalista denunciaron a falta de vontade política para solucionar a grave crise que atravesa o sector e reclamaron a implicación dos Gobernos español e galego cunha industria fundamental para a comarca e estratéxica para o conxunto da economía do país.