Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Barreras
17/11/2011 A protesta desenvolveuse por espazo de dúas horas fronte ao estaleiro Barreras, na Avenida de Beiramar
Un grupo duns 200 traballadores/as do sector naval da Ría de Vigo realizaron un corte de tráfico fronte ao estaleiro Barreras, na Avenida de Beiramar, para esixir unha alternativa ao sistema de bonificación fiscal tax lease que permita ás empresas firmar novos proxectos. Dende a CIG denuncian que a falta de vontade política do Goberno español e da Xunta de Galiza está a condenar a morte a unha industria fundamental para a comarca viguesa e estratéxica para o conxunto do país.
12/2/2010 Conseguen parar a vontade de sancións contra estes dous compañeiros de Barreras
Ás dez da mañá, á hora do bocadillo, realizabase unha asemblea no interior do estaleiro de Barreras, na que baixaban do guindastre  os dous parados da asemblea de desempregados deste sector en protesta desde habia 30 horas pola contratación irregular que se está a dar no sector. Despois dunha durísima noite, na que non contaron nin con corrente eléctrica, nin con alimentos, nin bebida, nin mantas, e que tiveron que soportar unhas baixísimas temperaturas decidiron baixar despois de adquirir o compromiso de que non habería sancións.
11/2/2010 Anuncian que pode haber máis accións como esta nos outros estaleuris da ría de Vigo nos próximos días
Desde as 4 da mañá do xoves 11 de febreiro dous traballadores da asemblea de parados do naval permanecen nun dos guindastres do estaleiro Barreras. "Esta é unha acción desesperada porque a nosa situación tamén o é, non temos xa con que manter as nosas familias", sinalan desde esta asemblea de desempregados do sector naval. A dirección do estaleiro decidiu cortarlles o suministro eléctrico ao guindastre e non permitiron que se lles sumistrase nin auga nin alimentos. Estes dous traballadores manteñen a súa firme vontade de continuar neste guindastre até que a dirección de Barreras se reúna coa asemblea de parados do naval para escoitar as súas reivindicacións.
3/2/2010 Fronte á chegada de antidisturbios, os traballadores de Barreras saíron defender e acompañar na súa loita aos desempregados
O mércores 3 de febreiro a primeira hora da mañá os desempregados da asemblea de parados do naval repartían aos traballadores de Barreras unha folla informativa na que daban a coñecer que aconteceu coa súa ocupación e posterior desaloxo neste estaleiro. Asi, chamaban á unha asemblea na hora do bocadillo, que se celebrou coa portada pechada, mais cos desempregados falando cun megáfono por riba do portalón. Antes de rematar a asemblea dotacións de antidisturbios corrían dispersar aos parados, polo que os obreiros de Barreras saíron en solidariedade cos desempregados e para facer fronte a esta tentativa de agresión policial.
2/2/2010 Romperon cun mazo a porta da enfermeiria e destrozaron mobiliario
Ás doce e media da noite, catro dotacións de Policias Antidisturbios entraron nas instalacións do estaleiro de Barreras, rompendo cun mazo a porta da enfermeria onde estaban pechados e durmindo un grupo de 15 persoas da asemblea de parados do naval, e diante da violencia coa que entraron estes efectivos, os traballadores só puideron chamar á calma para que pararan de destrozar tanto o mobiliiario como as instalacións. O grupo de parados xa está fora das instalacións, foron identificados e non houbo detencións. e anuncian que na xornada do 2 de febreiro manterán asembleas para analizar que seguintes pasos tomar.
1/2/2010 O encerro ten carácter indefinido até que desde este estaleiro e no sector en xeral se escoiten as súas demandas
Desde as nove e media da mañá un grupo de quince persoas da asemblea de parados do naval ocupaban uns vestiarios do estaleiro vigués de Barreras. Era esta unha acción máis na defensa da regulación da contratación e na defensa do emprego do sector, mais unha acción de maior intensidade e con carácter indefinido ao centro da problemática do naval e exemplo da resistencia obreira, no estaleiro de Barreras. Até que non sexan recebidos e escoitados pola dirección do estaleiro non abandonarán este peche, pois "cada dia somos máis os que nos atopamos no desemprego, e non por falta de traballo, senón porque se está a apostar pola subcontratación ilegal e cada dia hai máis mán de obra barata no naval, que non cobran polo convenio".
21/1/2010 Concentraronse o mércores 20 de xaneiro diante de El Corte Inglés para visibilizar a súa situación
Despois do Nadal, retoman a súa actividade os parados do Naval organizados en asemblea pola defensa do emprego no sector e na demanda de regulación da contratación no naval. Sairon ás rúas para repartir dúas follas informativas, na que daban a coñecer a súa situación e o camiño que van tomar en próximas accións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com