26/3/2010
A entidade anunciou aos traballadores/as que o vindeiro luns estarán traballando para outra empresa
Na mañá deste venres día 26 de marzo, a Dirección de Caixa Galicia transmitía ao persoal da entidade, a través dunha multiconferencia, que o vindeiro luns día 29 de marzo pasaría a traballar para nunha nova empresa. Indicaron que dado a falta de avances na fusión galega este fin de semana anunciarían un SIP. Algúns dos Directores Territoriais foron máis explícitos, afirmando que o luns asinaríase un acordo con Caja Madrid.
3/2/2010
Comeza o baile do SIP
O pasado venres día 29 de xaneiro, a Dirección de Caixanova comunicaba que 200 persoas dos Servizos Centrais serán formadas para poder pasar a rede de oficinas, segundo explicaban, para “reforzar temporalmente a rede comercial” desde febreiro a decembro. Da súa explicación despréndese que aplicarán a mobilidade xeográfica e funcional prevista no Convenio e que a CIG sempre rexeitou, tanto nos convenios asinados por outros, como agora que pretenden aplicala. Desde a Dirección da entidade aseguraron que se remitirá unha comunicación individual, pero a federación de Banca da CIG entende que estamos ante unha medida de carácter colectivo.
15/1/2010
“O SIP supón desguazar a caixa e tería graves repercusións laborais”
O venres 15 de xaneiro ás 11.30 da mañá tivo lugar unha rolda de prensa convocada pola comarca de Vigo da CIG para clarificar a postura da CIG diante da cuestión das caixas, diante das numerosas novas que sobre este tema apareceron nas últimas semanas nos medios de comunicación. Asi, compareceron o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero e Clodomiro Montero, secretario nacional da CIG-Banca.
26/11/2009
A entidade galega comunicou a venda da filial que xestiona os servizos administrativos centrais á HP
O Comité de CXG Gestión Operativa e a CIG reclamaron a Caixa Galicia que ofreza garantías no proceso de venda da súa filial á multinacional HP. Os 100 traballadores/as de CXG, que se encarga dos servizos administrativos centrais da entidade, pasarán a incorporarse a HP o vindeiro 1 decembro, aínda que non existen garantías da continuidade dos seus postos nin das súas condicións laborais, polo que dende a central se reclamou á Xunta que interveña nesta decisión, cando menos, até que se perfile dun xeito claro o futuro das caixas galegas.