12/12/2009
A candidatura, a única que se presentou á Secretaría, obtivo 177 dos 232 votos emitidos
Xosé Ferreiro será o secretario comarcal da CIG de Lugo-A Mariña durante os vindeiros catro anos. Así o decidiu a V Asemblea comarcal, que lle outorgou a súa candidatura, á única que se presentou á Secretaría Comarcal, 177 dos 232 votos emitidos. Pola contra, tres foron as listas que concorreron á elección da Executiva Comarcal e ao Consello Confederal, encabezadas polo propio Ferreiro, Carme Antas e Nieves Somoza, respectivamente.
28/11/2009
Este sábado celebrouse a V Asemblea Comarcal, na que tamén se escolleu a nova Executiva e os membros para o Consello Confederal
Este sábado, a V Asemblea Comarcal da CIG de A Coruña volvía elixir a Paulo Carril como Secretario Comarcal, ao acadar a súa candidatura 172 dos 187 votos emitidos polos delegados e delegadas que participaron no proceso. Así mesmo, quedou aprobado por unanimidade o Informe de Xestión presentado pola Executiva saínte, no que se reflicte o importante incremento da representatividade e do número de afiliados/as rexistrado nos últimos catro anos.