26/2/2010
Nin a consellaría de Traballo, nin a empresa, nin a Inspección adoptaron medida algunha, ante a ameaza de deslocalización de Vodafone
O día 10 de marzo, día simbólico para a clase traballadora galega, a CIG vén de convocar unha nova xornada de folga nos centros de chamadas da multinacional alemana Bosch en Vigo ante a falta de negociación por parte da empresa e fronte a deslocalización de Vodafone.
15/2/2010
Anuncian que haberá máis mobilizacións na defensa dos postos de traballo
O luns 15 de febreiro estaba convocada unha xornada de folga na empresa de telemárketing de Bosch, diante da posíbel perda de 891 postos de traballo pola ameaza da deslocalización do traballo dependente de Vodafone, que levaría todos os seus servizos a América Latina. A AEPD (Axencia Estatal de Protección de Datos) dependente do Ministerio de Xustiza, dirixido por Francisco Camaño, autorizou a Vodafone a transferencia de datos a Perú, Colombia e Chile. Denuncian a pasividade da empresa diante desta situación, asi como os despedimentos que xa comezaron e a salientábel redución de xornada, que xa afecta a 90 persoas que só están a traballar catro horas diarias.
12/2/2010
Haberá concentración ás 12.15 en Maria Berdiales
Haberá unha concentración nesta xornada de folga ás 12.15 diante do centro de traballo de Bosch en Maria Berdiales. Esta xornada de folga convocase diante da posíbel perda de 1.300 postos de traballo por mor da deslocalización desta empresa. Desde a sección sindical da CIG en Bosch denuncian as presións da empresa e mesmo a pretensión de establecer uns servizos mínimos do 50%.
2/10/2009
Desconvocada a Folga de Bosch
O Comité de empresa do Centro de atención de chamadas da multinacional Bosch en Vigo, no que teñen presenza as centrais CIG, CCOO e UGT tiña convocada unha FOLGA para o día 2 de outubro, na que estaban chamadas a participar as 1.400 persoas que traballan actualmente nos catro centros que esta empresa ten na cidade. Esta folga tiña como finalidade parar a empresa e sentala a negociar para ter garantías de futuro sobre os postos de traballo, demandando estabilidade no emprego e a apertura dunha comisión negociadora que analizara as categorías e os salarios aplicados nos distintos departamentos.
19/1/2009
A taxa de temporalidade é do 89%
Con 1.256 contratos temporais sobre un cadro de persoal total de 1.414 persoas a decembro de 2008, o Centro de chamadas da multinacional Bosch na cidade de Vigo, encabeza o ranking de temporalidade. A Audiencia Nacional deu por boa esta práctica empresarial.Na empresa de telemárketing Bosch, hai 158 persoas con contrato indefinido, 511 teñen un contrato temporal e hai 745 que teñen contratos de posta a disposición (ETT's). O Convenio de Contact Center establece que un 30% do persoal de operacións debe ter contrato indefinido, pero Bosch non computa os contratos de posta a disposición para este cálculo.
2/10/2008
Sector de Telemárketing
O 30 de setembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Bosch de Telemárketing en Vigo; elixíanse 17 membros do Comité de Empresa e a candidatura da CIG acadou a maioría absoluta con 12, CCOO 4 e UGT 1. Nestas eleccións a CIG pasou de 7 representantes (que obtivera en dous procesos anteriores de ampliación do comité) a 12, mentres que CCOO baixou de 8 representantes a 4 e UGT de 2 a 1.
5/8/2008
Producíronse preto de 50 despedimentos nos centros de chamadas da cidade olívica
Cunha nova
concentración de delegados e delegadas a Sección Sindical da CIG en Bosch
continúa dando resposta aos preto de 50 despedimentos realizados pola
multinacional xermana Bosch nos centros de chamadas de Vigo.