22/12/2009
Nova concentración o domingo 20 polo consumo responsábel e contra a precariedade
A CIG-Mocidade de Vigo continúa coa súa campaña neste nadal contra a
precariedade laboral e o consumismo voraz nestas datas do mes de
decembro, que o domingo 20 de decembro levou ao colectivo de mozos e
mozas até as portas de El Corte Inglés, na céntrica rúa da Gran Vía da
cidade olívica.
15/12/2009
Repartíronse 1.000 follas informativas
CIG-Mocidade de Vigo iniciou o 13 de decembro unha serie de concentracións contra o consumismo e a explotación laboral no Nadal que leva por nome “Racha co consumismo, tamén é explotación laboral!”. A campaña está a ser difundida coa colada de 400 cartaces e co reparto de 3.000 follas informativas. CIG-Mocidade anima a non mercar os domingos e festivos e a deixar de acudir aos centros comerciais como unha forma de lecer.
11/12/2009
Será de 17.30 a 19.30 diante do Centro Comercial Gran Via
A CIG-Mocidade de Vigo ten este domingo 13 de novembro a primeira das concentracións contra o consumismo e a explotación laboral no Nadal, que realizarán de 17.30 a 19.30 diante do Centro Comercial Gran Via. Esta mobilización está enmarcada dentro da campaña "Racha co consumismo, tamén é explotación laboral", que comezaron coa pegada de carteis e que continuarán con tres concentracións os domingos que abren as grandes áreas comerciais neste mes de decembro.