16/12/2009
O manifesto solidario pódese asinar a través da páxina web da Confederación
A CIG vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas entre traballadores/as, seccións sindicais, comités de empresa e sindicatos en solidariedade coa activista saharauí Aminetu Haidar na súa loita pola Soberanía do Sáhara Occidental. O manifesto de apoio pódese asinar dixitalmente a través da web da CIG pinchando no banner superior da páxina de inicio ou a través do enlace que atoparás ao final desta nova.
14/12/2009
Foi obrigada polas forzas policiais españolas, contra a súa vontade e sen documentación, a entrar no estado español
A Confederación Intersindical Galega considera que as accións realizadas polos gobernos de Marrocos e do estado español a través dos seus axentes e autoridades actuantes directamente vulneran a legalidade internacional, a lexislación interna de ambos os dous países e os dereitos humanos de Aminetu Haidar, tal e como teñen manifestado diferentes gabinetes xurídicos, organizacións de defensa dos dereitos humanos e grupos de apoio á activista saharaui Aminetu Haidar.
14/12/2009
Afirma, en resposta á CIG, que a súa expulsión non foi conforme ao dereito internacional
O Gabinete de Presidencia do Goberno español vén de
respostar á CIG que considera que a expulsión da activista saharaui desde El-Aiun,
por parte de Marrocos, non é conforme ao dereito internacional. Na súa
comunicación, remitida o pasado 7 de decembro, recoñece que a situación na que
se atopa a activista saharaui “é, sen dúbida, penosa” e manifesta que o goberno
“respecta plenamente a súa pacífica loita na defensa das súas lexítimas
reivindicacións políticas”. Porén, propón que solicite pasaporte marroquí ou
que acepte a nacionalidade española para poder viaxar.
14/12/2009
A CIG, xunto con outras organizacións sindicais, dirxiuse a Exteriores denunciando a complicidade de España na súa retención ilegal
A Unión Xeral de Traballadores Saharauis, UGTSARIO, vén de remitir unha carta á CIG agradecendo o activo apoio da central sindical pola súa contribución, en todos os ámbitos, para salvar a vida de Aminetu Haidar. A CIG, asinou, xunto con outras organizacións sindicais, unha carta dirixida ao Presidente e ao Ministro de Asuntos Exteriores do goberno español no 35º EUCOCO, celebrado en Barcelona condenando a súa expulsión do Sahara Occidental, a súa retención ilegal, a vulneración dos dereitos humanos e da lexislación internacional.
14/12/2009
Foi declarada independente pola Fronte Polisaria en febreiro de 1976
A República Árabe Saharaui Democrática - RASD -
foi declarada independente pola Fronte POLISARIO o 27 de febreiro de 1976,
abranguendo o territorio correspondente ao previamente denominado Sahara
español.