Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Soberanía para o povo traballador galego
28/07/2014Xabier P. Igrexas
Este 25 de xullo enmárcase nun contexto definido pola combinación entre a crise sistémica do capitalismo e os brutais efectos das políticas de r...
De novo o Iraque
26/06/2014Albano Nunes
De novo o Iraque. De novo um misterioso bando de «terroristas», semeando a morte e a destruição. De novo a orquestração de dramáticos apelos ...
Suplementos territoriais nos recibos eléctricos
26/06/2014Fernando Branco Parga
O Tribunal Supremo vén de sentenciar que nas peaxes do sistema eléctrico se deberían incluír os diferentes suplementos territoriais. Efectivame...
O destino do Iraque
20/06/2014Luís Carapinha
Aferrados a uma ordem económica injusta e decadente os EUA prosseguem a cavalgada de fragmentação de territórios e destruição das soberanias ...
A outra cara do Mundial de Fútbol
20/06/2014Vicenç Navarro
A gran pobreza do sector público no Brasil, xunto coas exuberantes riquezas, explica a explosión social. De aí a enorme protesta, que non é a pr...
Europa: alternativas à crise
17/06/2014Éric Toussaint
As eleições na União Europeia
16/06/2014John Catalinotto
folga parcial
14/8/2012 Están previstas entre as 10:00 e as 12:00 horas, os días laborábeis do mes de agosto e setembro
Os 60 traballadores da empresa de maquinaria industrial Hermanos Rodríguez Gómez y Pescatech, ubicada en Bouzas, Vigo, acordaron iniciar, desde este luns, mobilizacións. Dúas horas de folga parcial, entre as 10:00 e as 12:00 horas, todos os días laborábeis durante os meses de agosto e setembro, para denunciar que levan sen cobrar desde o mes de marzo, que o grupo pretende despedir a 40 traballadores sen pagarlles o que lles adebeda e sen indemnizacións e para exixir solucións inmediatas.
28/6/2012 A central sindical convocou folga de 09:00 a 15:00 horas e realizou tres marchas de traballadores/as dende distintos puntos de Narón e Fene
Unhas 4.000 persoas participaron na mañá deste xoves na manifestación convocada pola CIG de Ferrol con motivo da xornada de loita para denunciar a “situación de emerxencia” que padece a comarca, esixir políticas activas de emprego e inversións para garantir o futuro laboral e económico da bisbarra. A manifestación estivo precedida de tres marchas de traballadores/as que saíron dende distintos puntos de Narón e Fene para amosar nas rúas o malestar pola falta de cumprimento dos compromisos e reclamar unha aposta clara polos sectores básicos da comarca, como o naval.
25/6/2012 A CIG ten convocada folga de 09:00 a 15:00 horas con marchas de traballadores/as, asembleas e manifestación central ás 12:30 dende o Inferniño
“Pola comarca. Sen traballo, nin presente, nin futuro”, é a consigna baixo a que se desenvolverá a xornada de folga xeral parcial convocada pola CIG de Ferrol para este xoves 28 de xuño. A xornada de loita realizarase entre as 09:00 horas e as 15:00 horas e afectará a todas as actividades desenvolvidas polos/as traballadores/as de empresas privadas e polos empregados/as do sector público dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, As Somozas, Cedeira, As Pontes, Pontedeume, A Capela, Ares, Mugardos, Cabana, Moeche, Cerdido, Monfero, Miño, Mañon, Vilarmaior, Valdoviño, Neda, Ortigueira e Cariño.
19/6/2012 Os traballadores continuarán o mércores cos paros de dúas horas en demanda do cobro dos seus salarios
A segunda xornada de paros de dúas horas convocados en Industrias Caamaño volveu rexistrar un seguimento de practicamente o 100% do cadro de persoal, que desta volta protagonizou unha pequena marcha dende a factoría até a Igrexa da Corveira, onde se concentraron durante case unha hora, antes de regresar ás instalacións da Avenida da Cordeda. Os traballadores deron maior visibilidade ao conflito grazas ao son incesante son dos chifres e os petardos.
18/6/2012 Os traballadores concentráronse as portas da empresa para esixir o cobro dos atrasos salariais e reclamar información sobre o futuro da compañía
A práctica totalidade do cadro de persoal de Industrias Caamaño secundou este luns a primeira das cinco xornadas de folga parcial convocadas para reclamar do propietario o pago dos atrasos salariais e o cumprimento da normativa en materia de seguridade laboral. Durante as dúas horas que durou o paro (de 08:00 e as 10:00 horas), os traballadores concentráronse diante das instalacións da empresa en Culleredo.
13/6/2012 O persoal, ao que a empresa adebeda unha media de 4.000 euros por operario, realizará paros de dúas horas (de 08:00 a 10:00 horas) entre os días 18 e 22 de xuño
Os traballadores de Industrias Caamaño (compañía situada en Culleredo e dedicada á carpintería de aluminio e aceiro) teñen convocadas cinco xornadas de folga parcial para esixir ao propietario que abone os salarios pendentes de cobro, informe á representación do persoal a respecto das intencións que ten co empresa e cumpra coas normativa en materia de seguridade e saúde laboral.
27/12/2011 O paro desenvolverase entre as 21 e as 22 horas do mércores 28 de decembro
As organización sindicais teñen convocada folga parcial este mércores 28 de decembro no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña contra as pretensións das grandes empresas de atrasar o horario de peche das 21 ás 22 horas. Precisamente, será nesta hora extraordinaria que se quere impor ao persoal cando teña lugar o paro laboral.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com