5/2/2010
Rodearon aos vinte traballadores da asemblea de parado e afastáronnos da porta
A asemblea de parados do naval repartía a primeira hora da mañá follas informativas aos compañeiros do estaleiro de Freire para dar a coñecer a súa situación e a problemática do sector na cuestión da contratación, facendo un chamamento para que saíran tomar o bocadillo con eles ás 10.30. De novo as portas pecháronse para a asemblea de parados e unha presenza e presión policial desproporcionada impediu que esta asemblea puidera ter lugar.
16/12/2009
Os traballadores de Freire sairon comer o bocadillo cos concentrados, amosando a súa solidariedade
Desde as nove e media un grupo de desempregados convocados pola asemblea de parados do naval concentrábase ás portas do estaleiro Freire. A asemblea de parados do naval continúa mobilizándose e dando novos pasos para dar a coñecer a problemática dos desempregados neste sector, que quedaron fora pola falta de regulación na contratación no naval.