22/12/2009
O documento implica que os traballadores despedidos non serán readmitidos e suporá o remate das accións reivindicativas
A CIG e os membros do Comité desta central rexeitaron o acordo asinado esta mañá por UGT, os representantes de Termavi e a Autoridade Portuaria, que suporá a fin da folga e das medidas reivindicativas levadas a cabo polo persoal da empresa ao longo dos últimos días. O acordo implica que ningún dos despedidos será readmitido, non achega garantes para a suposta recolocación dos afectados e bota por terra a dura loita que realizou o conxunto do persoal estes días.
21/12/2009
O persoal reclama que se restabeleza o subministro eléctrico e se permita levar auga aos compañeiros pechados nos guindastres
Os traballadores de Termavi continuaban esta mañá a folga indefinida iniciada a pasada semana para reclamar a readmisión de nove compañeiros despedidos cunha nova concentración nos edificios da Autoridade Portuaria, xa que é este organismo quen impide aos folguistas achegarse ás instalacións da empresa e aos compañeiros que continúan en folga de fame no alto dos guindastres. Dende a CIG critícase a pasividade das administracións na resolución deste conflito e demándase unha maior implicación tanto da Inspección de Traballo como da Xunta e a Subdelegación do Goberno.
18/12/2009
Continúa bloqueado o porto de Vigo e exténdese a folga a outras empresas do porto como Botamavi
Cuarta xornada de folga en Termavi, nun conflito que está a provocar o desvio de buques para a súa descarga noutros portos e que está a ter unha enorme incidencia. Continúa a ocupación por parte de catro folguistas de dúas cabinas do guindastre que se utiliza para descargar os contedores, polo que está parada a actividade en Guixar. O venres 18 de decembro continuaron as mobilizacións e accións como foi a de ocupar a sede da Inspección de Traballo en Vigo, asi como denunciaron en rolda de prensa o terrorismo patronal que están a vivir e a vulneración das liberdades sindicais que están a permitir tanto as institucións autonómicas como estatais.
17/12/2009
Outros dous despedidos pecháronse na Sala de Xuntas da Autoridade Portuaria
O terceiro dia de folga en Termavi comezou coa nova de que catro dos traballadores despedidos comezaran unha folga de fame subidos a un dos guindastres de Termavi en Guixar, no porto de Vigo, a unha altura de corenta e cinco metros. Ademais desta acción, esta xornada ocupouse a sede da Autoridade Portuaria de Vigo, xunto á Praza da Estrela, onde entraron vinte e cinco persoas ás dez e media da mañá. A mediodia outros dous despedidos pechábanse na Sala da Xuntas da Autoridade Portuaria, atrancando a porta para evitar posíbeis desaloxos.