18/5/2011
O servizo de saúde nega que vaia pechar servizos pero comunicou a todo o persoal de quirófanos que esta actividade estaría parada o mes de agosto
A CIG-Saúde quere demandar ao Sergas que aclare cales son as súas intencións a respecto da actividade asistencial para este verán no Hospital Abente y Lago, pois as comunicacións trasladadas aos/ás profesionais de quirófano contradín a versión achegada aos medios de comunicación social.
16/5/2011
A CIG-Saúde da Coruña advirte que nunca se reducira dun xeito tan grave a actividade asistencial na historia deste centro
A CIG-Saúde da Coruña vén de denunciar as pretensións do Sergas de pechar a actividade asistencial médica e cirúrxica no Hospital Abente y Lago para este verán. O Sergas, censuran, “actúa neglixentemente ao recortar e reducir os servizos deste xeito”, pois provocará un incremento notábel das listas de espera. Ademais, subliñan, nunca antes se reducira con tanta intensidade a actividade deste hospital como ten programado este goberno para o próximo verán.
11/3/2011
A Agrupación Médica de CIG-Saúde esíxelle á Dirección que trate con máis seriedade o conflito por respecto ao persoal e aos/ás pacientes afectados
A segunda xornada de folga no servizo de dermatoloxía da Coruña está a rexistrar a mesma incidencia que no primeiro día. Case todos os dermatólogos do Complexo Hospitalario, sete de oito dos que teñen praza, sen contar ao xefe de servizo nin a dúas dermatólogas con contrato eventual, secundaron a folga convocada pola CIG-Saúde. Os dermatólogos estiveron onte repartindo follas explicativas do conflito aos pacientes, que mostran comprensión co conflito, e hoxe achegáronse de novo ao hospital para continuar informando dos motivos desta folga.
9/3/2011
Os especialistas repartiron follas entre os/as pacientes do servizo informando dos motivos do conflito
A práctica totalidade dos dermatólogos do Complexo Hospitalario da Coruña, sete de oito dos que teñen praza (sen contar ao xefe de servizo nin a dúas dermatólogas con contrato eventual) secundaron a folga convocada para este mércores pola CIG-Saúde e que terá continuidade os días 11 e 16 e marzo. Os dermatólogos en folga achegáronse ao hospital Abente y Lago para entregarlle follas explicativas do conflito aos/ás pacientes e informar dos motivos da súa protesta.
9/12/2010
Todos os xoves o persoal está chamado a mobilizarse diante do hospital de A Coruña e o Abente y Lago
Traballadoras e traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña desenvolveron esta mañá unha nova concentración diante do CHUAC e do hospital Abente y Lago para denunciar o deterioro “continuo e progresivo da capacidade e calidade asistencial dos hospitais do Complexo”.
18/12/2009
Os traballadores/as agardaban que a conselleira de Sanidade participase nun acto neste centro
As protestas das traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza do CHUAC trasladáronse esta mañá ao hospital Abente y Lago, onde se agardaba que a conselleira de Sanidade participase nun acto oficial. O persoal, que finalmente non chegou a ver á responsábel do departamento de saúde, advertiu que manterá as mobilización até que dende as empresas e o Sergas se acheguen garantías do cumprimento dos convenios colectivos.