Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
entidades bancarias
25/1/2012 A Sección Sindical da CIG rexeita a liquidación “a prezo de saldo” do persoal e demanda garantías do mantemento dos postos en Galiza
Delegados e delegadas da CIG no Banco Pastor realizaron esta mércores unha concentración na oficina principal da Coruña para denunciar os custes laborais que está tendo o proceso de absorción do Banco Pastor polo Banco Popular. Dende a Sección Sindical criticouse a “liquidación a prezos de saldo” que o Banco Pastor está a facer do seu cadro de persoal e demandáronse solucións que garantan o mantemento dos empregos en Galiza tanto no banco como nas empresas do seu Grupo.
17/1/2012 Os representantes do Banco Pastor informaron que a entidade ofrecerá prexubilacións aos seus traballadores/as
Na mañá deste mércores comezaron en Madrid as reunións entre as organizacións sindicais e os representantes do Banco Pastor e o Banco Popular de cara a abordar as consecuencias laborais do proceso de absorción. Dende a CIG reivindicouse a necesidade de negociar un protocolo que garanta o emprego, así como un plan de prexubilacións para afrontar do xeito menos traumático os posíbeis axustes de persoal.
17/11/2011 A central amosou a súa preocupación polos 633 empregados/as dos servizos centrais do Pastor na reunión celebrada hoxe en Madrid cos responsábeis de recursos humanos das dúas entidades
A CIG reclámalle á dirección do Banco Popular que convoque aos sindicatos a unha xuntanza para abordar as consecuencias laborais do proceso de absorción do Banco Pastor. A central nacionalista critica que a reunión celebrada hoxe en Madrid cos responsábeis de recursos humanos das dúas entidades só servise para intercambiar información xa que foi concibida como un “foro de comunicación” e carecía da potestade de tomar decisións. Diante disto, solicitan a convocatoria dunha nova cita onde se comece a negociar o protocolo de absorción.
9/11/2011 A Sección Sindical da CIG no banco reclama a apertura urxente das negociacións do protocolo de integración e denuncia que estas decisións só crean inseguridade entre os traballadores/as
A pesares de que a CIG solicitou aos presidentes dos bancos Pastor e Popular a apertura de negociacións do proceso de absorción, parece que os responsábeis de recursos humanos do Banco Popular (co consentimento do Banco Pastor) decidiron saltarse o proceso negociador e iniciar unilateralmente un período de entrevistas individualizadas a todo o persoal do Pastor, co fin de coñecer as súas perspectivas de futuro na nova entidade.
8/9/2010 Coa mobilización, enmarcada nos actos previos á folga xeral, quérese amosar tamén o rexeitamento á reforma laboral que mañá será ratificada no Congreso
A CIG, dentro do calendario de mobilizacións organizadas para preparar a folga xeral do 29 de setembro, realizou esta mañá asembleas de delegados/as e concentracións nas sete cidades galegas en contra da ratificación definitiva da reforma laboral, que terá lugar o xoves día 9 no Congreso dos Deputados. Desta volta, os delegados e delegadas da central sindical desenvolveron peches simbólicos en diferentes entidades bancarias do País co obxecto de denunciar aos verdadeiros culpábeis desta crise e visibilizar a necesidade de saír desta conxuntura encamiñados cara a un novo modelo económico, social e político.
27/8/2010 Os/as traballadores/as están convocados a unha asemblea xeral o vindeiro 7 de setembro para avaliar o inicio de mobilizacións
A sección sindical da CIG no Banco Gallego vén de denunciar o despedimento dos traballadores e traballadoras da entidade adscritos ao Departamento de Estranxeiro, logo de que a empresa decidise externalizar este servizo. Dende a sección sindical sublíñase que nos dous últimos anos se está a producir un desmantelamento progresivo dos servizos centrais de A Coruña mediante o traslado a Madrid ou a exteriorización de departamentos. Diante destes reaxustes, os traballadores e traballadoras están convocados a unha asemblea xeral o vindeiro 7 de setembro, na que se abordarán posíbeis mobilizacións de cara a evitar máis despedimentos.
26/3/2010 Reibiron cunha ruidosa pitada aos/ás asistentes á Xunta de accionistas que se celebrou no interior do edificio
Delegados e delegadas sindicais no Banco Pastor concentráronse esta mañá diante da Fundación Pedro Barrié de la Maza, onde tiña lugar a Xunta de Accionistas da entidade, para denunciar os despedimentos que a dirección está a executar nas oficinas de todo o Estado, con especial incidencia na Dirección Rexional Galiza-Sur. A mobilización é a segunda protesta que o persoal do banco desenvolve nas dúas últimas semanas, aínda que non se descartan novas accións logo da semana santa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com