7/4/2010
Lembran que hai 26.888 parados/as e que só no primeiro trimestre do ano xa se presentaron 17 expedientes de regulación
Tras da publicación dos últimos datos do paro, a CIG de Ourense volve advertir dos “estragos que a crise” está a provocar nas taxas de emprego da provincia, así como do imparábel incremento do número de empresas que presentan expedientes de regulación. Dende a CIG-Ourense insisten na necesidade que a Xunta de Galiza deseñe un plano especial de actuación para esta “zona subdesenvolvida”, pois de seguir así, alertan, “camíñase cara a un pozo sen saída”.
8/1/2010
Critica o carácter permanente e estrutural da crise en Ourense, a provincia cos salarios máis baixos do Estado
O xoves 7 de xaneiro presentouse no local sindical da CIG de Ourense o informe socio laboral desta provincia realizado pola central sindical nacionalista, no que se analiza a situación e o contexto económico e social da comarca nos últimos catro anos. Asi, neste documento déronse a coñecer cifras alarmantes que falan dunha crise permanente nesta provincia, esquecida polas Administracións, e que sofreu con maior voracidade o desemprego, ERE's e unha forte caída na actividade industrial.