Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
concentración
10/2/2012 A CIG de Ferrol desenvolve un programa de actos nos concellos da comarca para evidenciar que fronte a crise, hai alternativas
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou na tarde do xoves un acto reivindicativo no Concello de Cedeira, dentro do programa acordado con motivo da campaña “Outro modelo económico e social é posíbel. Contra a crise, hai alternativa”, que incluíu unha concentración na Praza de Galiza de Cedeira na que se esixiu un cambio de rumbo nas políticas de recortes e ataques á clase traballadora aplicadas polos gobernos até o momento.
10/2/2012 O xoves realizarán unha nova concentración nos centros de traballo e máis adiante outra fronte ao Marco
Máis de 400 empregados/as da delegación da Xunta de Galiza en Vigo realizaron este mediodía unha concentración de protesta diante do edificio autonómico para amosar o seu rexeitamento aos recortes laborais propostos polo Goberno galego. O vindeiro xoves levarán a cabo concentracións fronte aos centros de traballo e máis adiante convocarán outro fronte ao Marco.
7/2/2012 A mobilización, convocada pola CIG, desenvolveuse en Santiago de Compostela por espazo dunha hora
Arredor de 150 traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe na concentración convocada pola CIG en Santiago de Compostela para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
3/2/2012 Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior
Un cento de delegados/as da limpeza da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA realizaron onte unha concentración de protesta en Madrid coincidindo coa reunión da comisión negociadora do convenio estatal. Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior, como os convenios de empresa e os acordos de equiparación.
3/2/2012 CIG-Saúde continúa coas mobilización en demanda da readmisión dos traballadores da asociación de drogodependencias
Con motivo da celebración o próximo mércores 8 de febreiro do segundo xuízo, a CIG-Saúde organizou un novo calendario de mobilizacións en demanda da readmisión dos traballadores/as despedidos en Asfedro. Así, este venres realizouse unha concentración ás portas da entidade, que se repetirá o vindeiro luns. Do mesmo xeito, dende a Federación destacan que o Xulgado do Social xa declarou a improcedencia dun dos despedimentos executados pola directiva, que definitivamente non se xustifican por motivos económicos.
3/2/2012 Coincidindo co xuízo contra a empresa, que se celebra o martes 7 de febreiro
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol ten convocada unha concentración o vindeiro martes, día 7 de febreiro, ás 12:15 horas, coincidindo coa celebración do xuízo, adiado dende o pasado mes de novembro, contra Prosegur Seguridad por acoso a un traballador que se presento una candidatura da CIG ás eleccións sindicais. Coa protesta, a central quere trasladar o seu apoio ao compañeiro e rexeitar o comportamento da empresa.
2/2/2012 O Comité ten convocada unha manifestación o venres 3 de febreiro, que partirá da coruñesa Praza da Palloza ás 20:00 horas
Os traballadores e traballadoras da factoría que Alcoa ten na Coruña continuaron este xoves co calendario de mobilizacións en contra do expediente de regulación que a multinacional quere pór en marcha logo de acordar unha recorte da produción na factoría do 50%. O ERE de suspensión temporal, de aprobarse, afectaría á metade dos 420 traballadores/as da planta e tería unha vixencia de 12 meses.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com