Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Axidega
9/3/2010 Logo dunha maratoniana xuntanza de sete horas no Consello Galego de Relacións Laborais
A folga indefinida iniciada o pasado 1 de febreiro nas instalacións deportivas do País quedou suspendida na noite do luns tras chegar a un preacordo as organizacións sindicais e a patronal, que garante o cumprimento dos mínimos esixidos polos traballadores e as traballadoras a respecto das táboas salariais e as condicións “ad personam”. Así mesmo, o persoal que viña desenvolvendo unha acampada diante da sede dos empresarios en A Coruña levantou a medida de protesta pouco despois da medianoite.
8/3/2010 Ás cinco da tarde está convocada unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais
As traballadoras e os traballadores de instalacións deportivas enfrontan no día 36 da folga unha xornada decisiva para a evolución do conflito, pois do resultado da xuntanza prevista para esta tarde do luns en Compostela dependerá que a convocatoria de paros continúe adiante, así como todas as mobilizacións, ou ben fique suspendida e se retome a serio o proceso de negociación.
6/3/2010 Á espera dunha resposta por parte da patronal
O campamento que os traballadores e as traballadoras en folga das instalacións deportivas iniciaron o pasado xoves continúa adiante diante da falta de movementos por parte da patronal. O persoal vai desenvolver esta tarde unha asemblea para avaliar a situación do conflito, á espera de que a patronal responda á última proposta presentada polas organizacións sindicais.
4/3/2010 O xoves 11 de marzo haberá unha festa solidaria para recadar fondos para os traballadores/as en folga
Por volta da unha e media da tarde, os traballadores e traballadoras das instalacións deportivas iniciaban unha acampada fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galiza en A Coruña e a sede da Confederación de empresarios (situadas na mesma praza) como medida de presión para que a patronal sente novamente a negociar e permita desbloquear o conflito. Na acampada participan traballadores das diferentes instalacións da provincia de A Coruña.
3/3/2010 Persoal e sindicatos estudan máis iniciativas para conseguir fondos e avalían un novo calendario de mobilizacións
Na mañá deste mércores procedíase a facer o reparto dos cartos recadados nos últimos días coa venda dos bonos axuda entre todos os traballadores e traballadoras en folga das instalacións deportivas. En total uns 24.000 euros dos que cada persoa recibiu 100 euros, que se poderán ir incrementando nos vindeiros días, xa que a venda dos bonos continúa adiante e mesmo se están a estudar novas iniciativas para conseguir fondos. Ao mesmo tempo, e tras da ruptura das negociacións coa patronal, traballadores/as e sindicatos están a organizar un novo calendario de mobilizacións.
2/3/2010 As organizacións sindicais pedían pasar a táboa salarial proposta para o ano 2013 a 2012 e pechar as garantías ad personam
Os intentos de retomar as negociacións entre os sindicatos e a patronal de instalacións deportivas de cara a conseguir un convenio racharon na mañá deste martes, logo da negativa de Axidega (a asociación que agrupa ás empresas do sector) a asumir as reivindicacións salariais dos traballadores e traballadoras e pechar as garantías ad personam. A folga iniciada o pasado 1 de febreiro continúa así adiante e mañá mércores haberá asembleas do persoal para analizar a situación do conflito e avaliar as medidas a adoptar nos vindeiros días. Así mesmo, tamén está previsto que se proceda a entregar aos traballadores/as os cartos recadados coa venda dos bonos axuda.
1/3/2010 O martes 2 de marzo haberá unha nova xuntanza coa patronal para continuar no camiño de desbloquear o conflito, ás 10:30 horas en Compostela
As organizacións sindicais dedicaron a xornada deste luns á venda dos bonos axuda para os traballadores e traballadoras das instalacións deportivas, que continúan adiante coa folga un mes despois de iniciarse. A iniciativa desenvolveuse durante toda a fin de semana e na véspera dunha nova xuntanza, mañá martes, en Compostela entre os sindicatos e a patronal, na procura de avanzar pola vía do diálogo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com