Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
ensino
5/6/2012 A MNL alerta de que a erradicación do galego das zonas máis poboadas e da escolarización básica pon en risco a cohesión social e o futuro da nosa cultura
Na educación infantil das sete cidades galegas (até os seis anos) a presenza da lingua propia do país “decaeu de forma notoria nos anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo”, segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística. A entidade calcula que este descenso está mesmo por debaixo do 10% e alerta de que “unha posición tan residual da lingua propia nas áreas máis poboadas de Galiza e nas idades máis temperás pon en risco a cohesión social de Galiza e o futuro da nosa cultura”.
10/5/2012 Celebráronse asembleas, concentracións e manifestacións en diversas localidades
Contra as 10:00 horas deste xoves 10 de maio, xornada de folga no ensino secundario e universitario, a CIG celebraba a asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, nas que se analizaban as gravísimas repercusións que terán os recortes orzamentarios impostos polo goberno do PP nos presupostos para este ano. Nas mesmas denunciábase a submisión do goberno da Xunta, que lonxe de facer uso das súas competencias, aplica os recortes decretados desde Madrid malia as consecuencias que terán para servizos públicos básicos para as galegas e galegos como a sanidade e o ensino.
23/4/2012 Fai un chamamento ás organizacións sindicais a facer a convocatoria de forma conxunta e alerta que, “ou continuamos con esta resposta social ou non temos saída ningunha”
A Executiva Confederal da CIG acordou, na súa xuntanza do pasado venres, promover unha nova convocatoria de folga xeral para a primeira quincena de xuño. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, esta mañá en rolda de prensa, considerando que estamos nun momento “determinante” por mor das “inxustas políticas” que está impoñendo o Partido Popular, con recortes en Educación, recortes en Saúde e a imposición dunha reforma laboral que lonxe de promover a creación de emprego, busca precarizar as condicións laborais e que, polo tanto, debe ser retirada.
21/9/2010 Representa a máis de 11.000 profesores e profesoras
Ante a política de recortes sociais e supresión de dereitos das traballadoras e traballadores, a Xunta de Persoal Docentede Ensino non universitario da provincia de Pontevedra acordou, por maioría dos seus membros –agás ANPE- apoiar a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 29 de setembro e fai un chamamento ao profesorado a secundar esta convocatoria de folga e participar nas mobilizacións convocadas nesta xornada.
16/4/2010 As carreiras pola lingua comezarán o día 3 de maio en Compostela e rematarán en Vigo o 14, percorrendo 14 comarcas galegas baixo o lema “Galego: a forza do noso amor”
Presentouse en Santiago a edición 2010 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 14 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de centros educativos de todo o País. O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos en que ten lugar a actividade, representados no acto de presentación polos Concellos de A Coruña e Ourense.
20/1/2010 Foi convocada polo conselleiro de Educación a última hora da tarde, malia ser a organización sindical maioritaria no ensino
Ás 18:30 horas do martes 19 de xaneiro, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-ensino, e Marta Dacosta, responsábel de Normalización da federación, acudiron á entrevista convocada polo Conselleiro de Educación. Unha convocatoria feita, segundo denunciou a CIG-Ensino, a última hora “a mantenta para restar proxección nos medios ás declaracións da organización sindical”.
18/1/2010 Redúcense nun 20% respecto do ano pasado e non se convocaron até o 11 de xaneiro
Tal e como denunciara a CIG-Ensino a Secretaría Xeral de Política Lingüística agardou ao día 11 de xaneiro para publicar a convocatoria de axudas a proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos, dando un paso atrás nun dos avances que se tiña acadado nesta materia: que as axudas se convocasen co inicio do curso escolar. Unha demanda que a CIG-Ensino conseguiu que fose atendida polo anterior goberno.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com