Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
transporte urbano
8/2/2012 Require do concello e de TUSSA que se vixíe o estrito cumprimento da lexislación laboral, do prego de condicións e do contrato
A CIG de TRALUSA (empresa adxudicataria do transporte urbano de Compostela) denuncia que a reestruturación das liñas do transporte urbano vai favorecer a amortización de 5 cinco postos de traballo. Os representantes da central sindical denuncian tamén que esta reestruturación supón a ampliación dos traxectos, en varias das liñas, sen que se modifiquen as frecuencias, o que imposibilita, na práctica, o cumprimento das mesmas. Para a CIG é inadmisíbel que, para cumprir os horarios, se lle estea requirindo aos traballadores que fagan o que sexa necesario.
28/6/2011 O pasado sábado un condutor de Tranvías da Coruña tivo que ser trasladado ao hospital logo de sufrir un desmaio por un golpe de calor
O Sector de Transportes da FGAMT-CIG vén de reiterar a necesidade de que os autobuses urbanos estean provistos dun sistema de climatización, logo de que o pasado sábado un condutor de Tranvías da Coruña tivese que ser evacuado ao hospital ao desmaiarse por un golpe de calor mentres manexaba o autobús.
28/12/2010 Diante da instalación da chamada "onda verde"
A FGAMT-CIG quere manifestar o malestar pola propaganda e as inversións que a Concellaría de Mobilidade de A Coruña fixo para a instalación nos autobuses urbanos da chamada “onda verde”, mentres que o servizo de transporte continúa necesitando melloras básicas para a comodidade de condutores/as e usuarios/as.
25/11/2010 A xornada de paro estaba prevista para o venres
A asemblea de traballadores/as de Tranvías do Ferrol, celebrada na noite do mércores, acordou desconvocar a xornada de folga prevista para mañá, venres 26 de novembro, xa que o goberno municipal atendeu á meirande parte das reivindicacións trasladadas polo persoal e as organizacións sindicais. Diante desta situación, os traballadores/as decidiron outorgar un voto de confianza ao Concello e suspender a folga.
5/11/2010 Denuncian á caótica situación na que se atopa o servizo de autobuses e os constantes cambios nas paradas por mor das obras na cidade
A asemblea de traballadores e traballadoras de Tranvías de Ferrol acordou convocar unha xornada de folga o vindeiro 26 de novembro para esixir unha solución á “caótica situación” na que se atopa o servizo de autobuses e reclamar a elaboración da avaliación de riscos laborais que conleva o cambio permanente nas paradas por mor das obras na cidade. A folga desenvolverase entre ás 12 e ás 18:00 horas e afectará a todos os centros e a todo o persoal.
29/7/2010 Padece cambios de liñas, de horarios, de percorridos e retencións por mor das obras que afectan a toda a cidade e co número de usuarios multiplicado polo Xacobeo
O Comité de Empresa de TRALUSA vén de denunciar a caótica situación na que se atopa o transporte público en Compostela. Caos do que os traballadores desta contrata din non ter responsabilidade algunha afirmando que son “unhas vítimas máis”, por mor da falta de previsión na contratación de persoal de reforzo para garantir un servizo público de calidade.
15/1/2010 Denuncian que o goberno local se dedica a perseguir aos condutores dos autobuses en vez de dar unha solución ao “caos” circulatorio
Os traballadores e as traballadoras do transporte urbano de Ferrol advertiron do inicio de mobilizacións se o Concello non atalla o “caos” circulatorio na cidade que está a imposibilitar o normal funcionamento do servizo. Ademais, dende o Comité de Tranvías do Ferrol denúnciase que o goberno local en troques de adoptar medidas dedícase a perseguir aos condutores dos autobuses e a imporlles sancións absurdas por dificultar a circulación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com